Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Este REA está deseñado para poder ser realizado con medios tecnolóxicos, xa que aporta variedade de actividades interactivas moi atractivas e adaptadas  a todo o alumnado.

De non contar con ordenadores individuais, pódense realizar nos paneis interactivos de aula en gran grupo.

Neste REA inclúense todos os materiais necesarios para o seu desenvolvemento, tanto para o alumnado, como para o profesorado. No material inclúense plantillas en dous formatos:

  • Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa no caso de dispor de ordenadores, aforrando ter que imprimilos.
  • Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo.

Todas as actividades descargables no REA do alumnado, tanto editables coma non, levan ao seu carón a ligazón para poder ser descargadas nos formatos indicados.

Facilitamos diferentes documentos para o seguimiento das actividades: infografías, fichas prácticas, vocabulario, autoavaliacións, rúbricas…

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Ao longo do REA desenvolveranse actividades individuais, en parellas, pequenos grupo base e gran grupo.

O tipo de agrupamento máis empregado será grupos base de 4 o 5 integrantes dependendo do número total da aula que realizarán actividades cooperativas ao longo do REA.

Os distintos grupos base tamén se interrelacionarán durante todo o proceso en diferentes situacións de escoita activa, reflexión e para expoñer as conclusións finais das tarefas propostas.

Unha das actividades a realizar, proposta no apartado 3.1 La novela, é a visita á biblioteca do centro para elixir, en parella, unha novela sobre a que lle propoñemos varias actividades, unha delas é facer un breve resumo. Consideramos que esta actividade levará bastante tempo de lectura individual polo que o docente decidirá en que momento do REA a quere presentar, sabedor do nivel de lectores e lectoras que adoite ter na aula.

Produtos finais

O produto final consiste na creación dun conto e a súa representación coa técnica de teatro de sombras. Unha vez creados os contos en equipo, o alumnado deseñará e realizará as siluetas que servirán para representar as historias; ademais das personaxes poderán realizar elementos que enriquezan a representación. Despois de distribuídos os diferentes traballos entre o equipo base, ensairán a posta en escea. Terminarán cunha representación para o resto do grupo clase.

No apartado de recursos e solucións do REA, achegamos un documento coa técnica do teatro de sombras.

Para a preparación do produto final propoñemos diferentes tarefas en equipo, individuais e por parellas.

O/a docente pode decidir empregar todas as propostas ou adaptalas segundo a súa propia temporalización.

O traballo final poderá ser exposto ante diferentes grupos-aula do centro na hora de ler, co gallo do Día do Libro, en apradiñamentos lectores...

Observacións: Para que cada grupo poida analizar a súa posta en escea, propoñemos que se grave a representación na aula.

Atención á diversidade

O modelo de traballo cooperativo permite asignar funcións acordes coas capacidades de cada quen, fomentando a formación entre iguais, pola que os máis capaces axudan aos que presenten dificultades. 

O entorno dixital no que nos desenvolvemos, facilita que o alumnado realice tarefas graduais e moduladas acorde ás súas capacidades, podendo ampliar coñecementos ou centrarse en aspectos máis puntuais. 

Nas sesións estaremos pendentes de asignar tarefas que consideremos realizables segundo o nivel do alumando.

O docente, nas actividades de grupos, prestará especial atención ao alumnado con máis dificultades, para asignarlles as tarefas máis axeitadas.

O REA contén actividades multinivel, seguindo a filosofía DUA, neste tipo de actividades o alumnado poderá escoller entre varias opcións a actividade que desexa realizar.

Na web de ARASAACC pódese acceder a pictogramas e recursos para a comunicación aumentativa e alternativa. Entre os seus recursos, conta con variedade de ferramentas en liña que permiten a creación de material adaptado sen instalar ningún software no computador. Como paquete instalable, ofrece “AraSuite”, un conxunto de ferramentas entre as que está “AraWord” un procesador de texto para a escritura simultánea de texto e pictogramas, o que permite a adaptación de materiais con facilidade.

Todas as publicacións e ferramentas desta web, propiedade do Gobierno de Aragón, créanse baixo Licenza Creative Commons (BY-NC-SA), autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autoría e compártanse baixo a mesma licenza.

As medidas de atención á diversidade levaranse en coordinación entre o equipo docente do alumando, o Departamento de Orientación e o equipo directivo. 

Enfoque multinivel do reto

Variedade de recursos, adaptados os diferentes niveis do alumnado para que poidan escoller o seu nivel de competencia.

Tanto as tarefas intermedias como o reto final están pensados para que teñan diferentes niveis de dificultade axeitados a súa capacidade. 

Desenvolveremos tres niveis de dificultade para os diferentes retos:

Nivel de dificultade

Reto fase 4

Contos

Fase 5

Representación teatro de sombras

Nivel 1

Básico

- Crea, en equipo, un conto sinxelo tendo presente a estrutura do mesmo.

- Emprega siluetas copiadas para a representación.

- Reproduce o vocabulario básico do REA.

- Presta atención á ortografía específica deste REA tendo ao seu carón as normas ortográficas.

- Recoñece os determinantes artigos, posesivos, demostrativos, indefinidos e numerais.

- Le o conto con fluidez e fragmentos de novelas do REA.

- Participa na representación atendendo a ordes dadas e especializándose nunha función para a representación final.

Nivel 2

Intermedio

- Crea un conto, en equipo, tendo interiorizado a estrutura do mesmo con dúas personaxes mínimo e pequenos diálogos entre os mesmos.

- Realiza siluetas propias para a representación.

- Incorpora vocabulario novo ao empregado no REA nas súas producións.

- Escribe os contos con corrección ortográfica sen necesidade de ter presente as normas.

- Emprega correctamente e recoñece os determinantes artigos, posesivos, demostrativos, indefinidos e numerais nas súas creacións.

- Le os contos con fluidez e entoación e fragmentos de novelas do REA.

- Participa na representación recibindo ordes, facendo aportacións propias ao grupo e desempeñando diferentes funcións no teatro de sombras.

Nivel 3

Avanzado

- Crea contos con variedade de personaxes e diálogos entre eles atendendo a estrutua do mesmo.

- Crea siluetas orixinais con detalles.

- Incorpora vocabulario enriquecendo os contos.

- Recoñece e analiza determinantes artigos, posesivos, demostrativos, indefinidos e numerais en situacións concretas.

- Le con soltura, expresividade, entoación os contos e fragmentos de novelas do REA e amplia as súas lecturas na Biblioteca de aula e de Centro.

- Participa e organiza a representación do teatro de sombras podendo realizar calquera función na mesma.

Categorias gramaticais

A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.

Beneficios das imaxes e símbolos:

-Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
-Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
-Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.

Na zona de imprimibles atoparás unha selección de símbolos para ser empregados na aula para traballar a gramática de xeito manipulativo. Incluíndo os arquivos por se queres imprimilas na impresora 3D.

Fomento do hábito lector

O emprego de espazos como a bilbioteca de aula, ou a biblioteca do centro debe converterse no lugar para desenvolver estratexias que axuden ó alumnado a seleccionar os textos do seu interese, apropiarse deles e compartir de maneira persoal e creativa a súa propia experiencia de lectura; e establecer contextos nos que xurdan motivos para ler. 

 Así no apartado 3 do REA propoñémoslle o alumnado que despois de ter lido os fragmentos dos diferentes tipos de novelas propostos elixen as súas tres preferidas. Esa elección será plasmada nun documento provisto de graficas de barras que integrará a totalidade das preferencias do noso alumnado. Despois de comentados, na clase, os resultados serán entregado ao equipo da Biblioteca do Centro para que sexan tidos en conta a hora de adquirir novos fondos para a mesma.

Neste mesmo apartado presentamos unha proposta de búsqueda de novelas en parella de diferente xénero, na biblioteca do centro, identificando diferentes datos das mesmas; profundizaremos así na catalagoción decimal universal das bibliotecas. 

A lectura, tanto de forma individual como compartida e a comprensión lectora, permitiranlle ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.

Formar lectores competentes, autónomos e críticos de todo tipo de textos en castelán, capaces de avaliar a súa calidade, fiabilidade e de responder a diferentes propósitos de lectura en todos os ámbitos da súa vida e un dos obxectivos primordiais na etapa educativa na que nos atoramos.

Saber ler hoxe, implica tamén saber navegar e buscar na rede e seleccionar información fiable con distintos propósitos.

Transversalidade

Este REA pódese coordinar coa materia de plástica, xa que a proposta do reto e representar un conto coa técnica de teatro de sombras. O alumnado deberá crear as siluetas das personaxes e dos obxectos necesarios para a súa representación. Realizarán diferentes probas coas luces e as sombras que se producen o que lles abrira un mundo de posibilidades para futuras tarefas. A música tamén pode estar presente nas representacións se así o deciden en equipo para mellorar as mesmas. 

Por outra banda a lectura de fragmentos de novelas e a propia representación do reto provocará emocións que son capaces de transmitirnos estes tipos textos e as súas interpretacións.

Aproveitaremos este tipo de narracións para traballar a igualdade, atendendo as diferentes épocas nas que foron escritas as novelas, lelas e comprendelas na actualidade desenvolvento o espírito crítico do noso alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)