Saltar navegación

1. Descrición xeral

¡Asómbrate!

Este REA (Recurso Educativo Aberto) desenvolve a unidade 4 "Cuentos y novelas" da área de Lingua Castelá e Literatura do 6º curso de Educación Primaria. Está deseñado tendo como finalidade desenvolver no alumnado estratexias de comprensión e expresión empregando a tipoloxía textual dos contos e as novelas.

Algúns dos textos presentes neste REA serán fragmentos de novelas de diferentes xéneros e épocas que provoquen nos lectores e lectoras diferentes emocións.

O reto consistirá na creación dun conto por equipo para posteriormente ser representado coa técnica de teatro de sombras chinesas. Crearán as súas propias siluetas que representen as personaxes do conto e diferentes obxectos que interveñan no mesmo Con elas, un foco de luz e nunha superficie translúcida  representarase o conto, tendo a posibilidade de ser acompañados de música.

As metas de aprendizaxe son: 

  • Crear historias.
  • Representar historias en público. 
  • Compartir vivencias e emoción cos demais.

Todo isto cunha gramática e ortografía axeitada na expresión escrita, e sen esquecer a expresión e a entoación na expresión oral.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)