Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

A creación deste REA (Recurso Educativo Aberto) englóbase no marco do proxecto cREAgal que se pode consultar na guía do proxecto.

A área de Lingua Castelá e Literatura ten un carácter esencialmente instrumental, e, xunto coa Lingua Galega, está presente tamén nunha porcentaxe das outras áreas curriculares. É a nosa ferramenta indispensable de comunicación, de transmisión de coñecementos, e por tal motivo ten un carácter esencialmente social. É por iso que neste REA, o reto que se propón, achega ao alumnado a aspectos sociais e naturais do seu interese, propios deste século XXI, coa finalidade de mellorar a súa capacidade de análise da información e da súa actitude crítica, activa e participativa como membros dunha sociedade.

Deste xeito defínense unhas liñas metodolóxicas que favorezan o progreso do alumnado no sexto curso:

> Aprendizaxe cooperativa: o deseño de tarefas en grupo require comunicación entre iguais, escoita de ideas, aprendizaxe de normas de convivencia, etc. que potencian o desenvolvemento da linguaxe. Permite a cada individuo desenvolver as súas capacidades específicas.

> Aprendizaxe significativa: as propostas terán unha vinculación directa co alumnado de forma que sexa para eles algo vinculado coa súa realidade.

> Ensinanza individualizada: complementariamente ao traballo cooperativo, os docentes proporcionaremos tarefas e ensinanzas a cada un dos alumnos en función das súas capacidades e necesidades.

> Entorno multimedia: a linguaxe está presente en distintos formatos: directo, a través de material impreso, a través de medios electrónicos visuais e sonoros. Desenvolveranse destrezas de comunicación oral e escrita nestes distintos soportes de maneira equilibrada.

> Autoavaliativo: nas tarefas individuais, así como nas grupais, será o propio alumno e alumna quen revise e avalíe a súas producións na busca de erros e de mellora comunicativa.

> Progresividade e consolidación: todo o aprendido en cada momento vai enriquecer o xa adquirido anteriormente. Deste xeito, irán enriquecendo as capacidades comunicativas, e o desenvolvemento curricular no presente curso reforza e enriquece o adquirido no curso anterior.

> Alfabetización mediática e informacional: adicarase unha porcentaxe de tempo, non inferior ao 25%, á aprendizaxe e práctica de procura de información, de coñecemento da organización dos contidos (en biblioteca, en internet, en sitios web específicos...) e ao desenvolvemento competencial no manexo de ferramentas TIC. Promovendo así o proceso de construción do coñecemento de forma activa por parte do alumnado.

> O acceso á literatura farase a través do fomento do hábito lector, para o que se conta co recollido no proxecto lector do centro.

Por outra banda e de forma complementaria á proposta anterior, atopamos a concreción metodolóxica deste REA coas seguintes liñas centrais:

> O uso dunha temática significativa e relacionada coa súa realidade, que está vinculada a aspectos de interese do alumnado e que contribúe a alcanzar os obxectivos de área a través do reto que se propón.
> Accesibilidade cognitiva a través de DUA, o que permite a eliminación de barreiras ao incluír aspectos como lectura facilitada, contido alternativo en formato audio e a posibilidade de apoio visual.
> Inclusión e diversidade na aula e a personalización da aprendizaxe mediante a oferta de actividades multinivel.
> Atender aos distintos estilos e ritmos de aprendizaxe nas propostas de realización das distintas tarefas.
> Autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe, no que o erro forma parte da aprendizaxe e o carácter competencial dos criterios de avaliación permiten atender tanto ao produto final esperado como aos procesos e actitudes. A autoavaliación e retroalimentación colectiva é construtiva e permite a mellora de xeito progresivo.
> Uso distintas modalidades de agrupamento: traballo individual, en pequeno grupo ou en gran grupo para favorecer as interaccións do grupo-aula.

Finalmente, engadir que o proceso de desenvolvemento desta situación de aprendizaxe, coas súas propostas metodolóxicas, pretende favorecer no alumnado a súa capacidade creativa, ademais de darlle a importancia do impacto que xera o resultado obtido na súa comunidade educativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)