Abriendo puertas. Enfoque.
Este REA está dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria. O reto final supón a elaboración dun produto manipulativo no que queden inmersos os contidos traballados ao longo da unidade. Esta creación supón o desenvolvemento da competencia lingüística en todos os ámbitos. A elaboración de textos, o tratamento da información, a exposición oral e a comprensión lectora xogan un papel importante, abordando distintos bloques da materia:
- Bloque 2. Comunicación oral.
- Bloque 3. Comunicación escrita.
- Bloque 4. Alfabetización mediática e informacional.
- Bloque 5. Educación literaria.
- Bloque 6. Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.
O reto final deste REA consistirá, tal e como se recolle no punto 1 da presente guía, na creación dun caderno de viaxe. Pártese da idea de realizar unha viaxe: o alumnado deberá escoller unha das catro opcións e comezar así a súa aventura. Presentaranse catro textos diferentes que conducen a distintos lugares (á Lúa, a unha selva tropical, ao deserto e ao fondo do océano, respectivamente). "Deberán atravesar unha porta máxica". Por iso é un caderno especial, en tanto que será un elemento visual realizado a partir dunha caixa de cartón (a modo de porta), na que quedarán recollidos nel os diferentes elementos traballados ao longo da unidade:
- Un texto narrativo.
- Un texto descritivo.
- Un folleto de viaxe.
- Recomendacións lectoras.
Todo isto, enmarcado dentro dunha proposta creativa: promóvese a creación literaria a través da imaxinación de espazos. Así coma o fomento dunha correcta exposición oral.
Metodoloxicamente podemos resaltar que tanto o produto final do reto, como distintas actividades intermedias, se realizarán en equipos, base de traballo cooperativo. O traballo nestes equipos será planificar, deseñar, elaborar e evaluar as súas producións.
Na elaboración das distintas producións literarias será de especial importancia o traballo dos seguintes contidos:
- Elementos da comunicación.
- Pautas para unha correcta exposición oral.
- Clasificación de textos segundo a intención comunicativa.
- O adxectivo como base dos textos descritivos.
- O tratamento da información na elaboración do folleto.
- Emprego da biblioteca escolar no fomento do hábito lector.
- Uso das Tics no tratamento da información.
As diferentes actividades propostas están diseñadas para resolverse de xeito individual ou en grupos de traballo cooperativo.
Ao longo do REA o alumnado irá atopando distintos tipos de actividades: dixitais con corrección automática, para facer no seu caderno de aula, para realizar con diferentes estructuras de aprendizaje cooperativo, e actividades manipulativas.
Todos os textos inmersos no REA están encamiñados ao fomento dunha boa xestión emocional. Trátase de xeito integrativo, a educación emocional.