Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación da materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, cuns pequenos cambios que non afectan aos elementos principais da mesma. O obxectivo dos cambios propostos é que a UD 7 recolla o tema do debate e a UD 8 o da entrevista e non aparezan mesturados nestas dúas unidades. Facilítase así a organización dos contidos de lingua no referido a tipos de textos (argumentativos e expositivos de tipo periodístico respectivamente) e expresión e comprensión oral.

Cada REA se corresponde cunha unidade didáctica, afectando estes cambios aos mínimos de consecución das unidades 7 e 8 de Proens.

Cambios na UD 7:

Criterios de avaliación da UD7 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas, escoitando as intervencións dos demáis.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Cambios na UD 8:

Criterios de avaliación da UD8 Mínimo de consecución: en Proens Mínimo de consecución: cambios

CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel.

Escoita as opinións dos demais no debate, argumentando a súa propia en función daquelas.

Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía.

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional.

Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación.

Nas entrevistas demostra respecto polas persoas entrevistadas, facendo as preguntas con cortesía e escoitando as respostas con atención.

CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante.

Redacta en procesador de textos resumo de debate, no que expresa as opinións enfrontadas e a conclusión final.

Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas.

Estes cambios afectarían tamén a descrición inicial proposta en Proens para cada unha destas unidades (7 e 8):

  Descrición en Proens Cambio

UD7

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Xogo de roles e asimilación da postura contraria. Textos argumentativos, informativos e de opinión.

Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais.

Os xentilicios.

UD8

O debate: xogo de roles e asimilación da postura contraria. A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista.

Verbos: tempo, modo e forma.

Uso g/j, aumentativos e diminutivos.

Este REA03 "Abriendo puertas" é un REA para o 1º trimestre, que traballa os contidos da UD3 de Proens, deseñado para desenvolver en 16 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: Acariciando palabras

UD1: Por fin somos os maiores!

CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7

10%

1ºT- 16 sesións

REA02: Activa modo diversiÓN

UD2: Escrito queda mellor

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7

10%

1º T- 16 sesións

REA03: Abriendo puertas

UD3: Aprendo e me emociono coa palabra

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8,  CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6

10%

1º T- 16 sesións

REA04: ¡Asómbrate!

UD4: Contos e novelas

CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA05: Poemas en el tejado

UD5: A linguaxe poética

CA2.3, CA3.4, CA4.5. CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6

11%

2ºT- 15 sesións

REA06: cREAndo criaturas

UD6: Quen me coñece mellor?

CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6

11%

2º T- 16 sesións

REA07: Pero ¡qué animal!

UD7: Vivimos en democracia

CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA08: De boca cerrada, no salen preguntas

UD8: Comprendo a túa opinión

CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6

12%

3ºT- 15 sesións

REA09: ¡No te lo vas a creer!

UD9: A comunicación no mundo dixital

CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10,  CA4.4, CA6.6

13%

3ºT- 16 sesións

Eixes da proposta didáctica

A proposta didáctica desenvolverá os contidos establecidos no currículo da área de Lingua Castelá e Literatura, baseándose nos eixes da propia materia:

  • Prácticas discursivas.
  • Producción e comprensión lingüística.
  • Comprensión de textos literarios.
  • Funcionamento da lingua e os seus usos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de PROENS para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria, contextualízase na unidade 3, que leva por nome "Aprendo e me emociono coa palabra". É importante mencionar, que o alumnado terá que integrar o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase principalmente nos bloques:

  • Bloque 2: Comunicación oral. Recolle aspectos fundamentais da lingua oral, o uso oral da lingua ten o propósito de favorecer a adquisición de destrezas específicas de pronuncia e entoación idóneas; de estratexias de recoñecemento, selección e interpretación da información; da construción e comunicación do coñecemento mediante a planificación e produción de textos orais e multimodales; da identificación e modelización das propiedades e tipoloxías dos textos; da interacción oral en situacións de aula, e de escoita activa na resolución dialogada de conflitos, respectando as normas esenciais da cortesía lingüística. A lectura e a produción oral implican unha paulatina mellora na comprensión de textos e inciden na aprendizaxe da lingua.
  • Bloque 3: Comunicación escrita. Inclúe aspectos básicos e indispensables da lingua escrita, intensificando gradualmente o uso persoal, autónomo e creativo da lingua escrita. Implica o coñecemento das posibilidades que ofrece o código desde a perspectiva do léxico, da ortografía, da estrutura do discurso e das dimensións ética e estética. A produción de textos escritos e multimodales supoñerá a procura do xénero discursivo e do tipo de texto adecuado para cada situación comunicativa, utilizando, tanto de forma individual como colectiva, estratexias de planificación, redacción, revisión e edición. Nesta etapa teñen que consolidarse o dominio de técnicas gráficas, a relación entre son e grafía, as normas ortográficas convencionais e a disposición do texto desde as diferentes fases do proceso evolutivo da escritura. A lectura, tanto de forma individual como compartida, e a comprensión lectora permitirán ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para a identificación das ideas máis relevantes e do sentido global dos textos, para a realización de inferencias e para a detección dos usos discriminatorios da linguaxe.
  • Bloque 4: Alfabetización mediática e informacional. Integra criterios de avaliación e contidos relacionados coa procura, selección e contraste da información procedente de fontes documentais variadas en distintos soportes e formatos con criterios de fiabilidade e pertinencia. Propóñense un proceso de investigación e pescuda para que o alumnado, individualmente ou de forma cooperativa, progrese na planificación e procura de información en diversos contextos, formatos e soportes, para transformala, xestionala, comunicala de maneira persoal e creativa, e utilizala con distintos fins, adoptando un punto de vista crítico e de respecto pola propiedade intelectual. A biblioteca de aula ou do centro serán os espazos ideais para desenvolver proxectos globais e interdisciplinares, coa utilización de todos os recursos dixitais que dispoñan.
  • Bloque 6: Reflexións sobre as linguas e os seus usos no marco de propostas de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodales, incorpora criterios de avaliación e contidos relacionados co coñecemento da lingua e a súa organización, facilitando a construción guiada de conclusións propias sobre o sistema lingüístico e a mellora dos textos propios. Supón para o alumnado o establecemento de xeneralizacións básicas respecto do funcionamento da lingua, prestando especial atención ás diferentes relacións de forma, función, concordancia e significado entre as palabras e grupos de palabras; á observación e comprensión das regras de acentuación; ás modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa; á correlación temporal establecida polos tempos verbais e ao uso de dicionarios, en distintos soportes. Preténdese, así mesmo, facilitar e permitir ao alumnado o coñecemento e a reflexión sobre a situación das linguas da contorna e do seu ámbito escolar dentro dun contexto plurilingüe, e a identificación de similitudes e diferenzas entre estas para conseguir unha competencia comunicativa integrada.

Contidos Bloque da materia
  • C2.1 - Contexto
    • C2.1.1 - Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación oral.
  • C2.2 - Xéneros discursivos
    • C2.2.4 - Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución oral de textos.
  • C2.3 - Procesos: interacción oral
    • C2.3.3 - Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • C2.5 - Procesos: produción oral.
    • C2.5.2 - Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese.
Bloque 2
  • C3.2 - Xéneros discursivos
    • C3.2.1 - Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos.
    • C3.2.2 - Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación.
    • C3.2.3 - Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía)
  • C3.3 - Procesos: comprensión lectora
    • C3.3.6 - Comprensión global e específica de distintos tipos de texto atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados , expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos) desenvolvendo unha valoración crítica destes.
    • C3.3.7 - Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e utilización desta como fonte de información e lecer.
    • C3.3.8 - Uso das bibliotecas de aula, do centro e das virtuais, mostrando coñecementos da súa organización (catalogación, funcionamento), participación en actividades de corte literario e obtención de información e modelos para a súa produción escrita. Interese por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais.
  • C3.4 - Procesos: produción escrita
    • C3.4.4 - Uso de fontes documentais diversas, tanto en papel como dixitais, para mellorar a expresión escrita.
Bloque 3
  • C4.1 - Estratexias para a procura de información en fontes documentais e dixitais no contorno familiar e social.
  • C4.2 - Estratexias de comparación, clasificación e valoración crítica da información.
  • C4.3 - Identificación e valoración crítica das mensaxes e da información recollidas e transmitidas de distintas fontes e de distintos tipos de texto.
  • C4.4 - Estratexias de elaboración de contidos a partir de información obtida noutros textos coas convencións formais elementais.
  • C4.5 - Síntese e reelaboración de coñecementos de forma progresivamente autónoma e con apoio de modelos.
  • C4.7 - Utilización autónoma da biblioteca e os recursos dixitais da aula ou do centro.
  • C4.8 - Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.
  • C4.9 - Estratexias para compartir experiencias de lectura que perfilen a identidade lectora.
  • C4.10 - Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.
Bloque 4
  • C6.2 - Modalidades oracionais en relación coa intención comunicativa.
  • C6.5 - Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
  • C6.7 - Mecanismos léxicos elementais para adquisición de vocabulario a través da formación de palabras e enunciados.
  • C6.12 - Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
Bloque 6

No que respecta aos obxectivos, este recurso centrase nos seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX2

Comprender e interpretar textos orais e multimodais identificando o sentido xeral e a información máis relevante, e valorando con axuda aspectos formais e de contido básicos para construír coñecemento e responder a diferentes necesidades comunicativas.

OBX 3

Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.

OBX 4

Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.

OBX 5

Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.

OBX6

Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual.

OBX 9

Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa e relacionados coa situación de aprendizaxe.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia Plurilingüe (CP)

CP2

Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM2

Competencia dixital (CD)

CD1, CD2,CD3, CD4

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

CC2, CC3

Competencia emprendedora (CE)

 CE1, CE3

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)