Saltar navegación

1. Descrición xeral

Abriendo puertas

Este REA (Recurso Educativo Aberto) correspóndese coa unidade 3 da área de Lingua Castelá e Literatura da programación de PROENS. É un recurso globalizado, que abrangue distintas áreas, dun xeito transversal. Está vencellado coa unidade 2 "Animación", da área Educación Plástica e Visual; coa unidade 6 "As novas tecnoloxías", da área de Ciencias da Natureza, e coa unidade 2 "A representación da Terra", de Ciencias Sociais, respectivamente.

Está deseñado tendo como finalidade desenvolver a capacidades de comprensión e expresión oral e escrita a través da abordaxe de diferentes tipos de textos. Para iso emprégase como fío condutor unha viaxe imaxinaria a un lugar que o propio alumnado irá deseñando.

O reto consistirá na exposición dese lugar visitado, a través do deseño dunha caixa a modo de caderno de viaxe. 

As metas de aprendizaxe son:

  • Traballar a expresión oral a través da xestión emocional.
  • Identificar distintos tipos de texto segundo a intención comunicativa.
  • Elaborar textos literarios (descrición) e non literarios (folleto) segundo os coñecementos adquiridos.
  • Procurar información na bibioteca escolar.
  • Entender as novas tecnoloxías dun xeito crítico e funcional.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)