Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para o uso deste recurso na aula son:

Recursos materiais necesarios

Recursos materiais:

  • Libros da biblioteca de centro e de aula
  • Folletos
  • Caderno
  • Material funxible

Software:

  • Documentos de texto: Libre Office Writer
  • Gravación de audio: Audacity
  • Creación de códigos Qr: programa QtQr da maqueta Abalar.

Outras ferramentas tecnolóxicas:

É preciso contar con conexión á rede para a busca de información e visualización de vídeos e para desenvolver actividades.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Proponse a creación de grupos heteroxéneos e permanentes ao longo do REA formados por 4 persoas.

Para a realización dos grupos por parte do profesorado, recoméndase ter en conta as bases da aprendizaxe cooperativa. De xeito que cada grupo esté formado por alumnado capaz de axudar aos demais, alumnado con dificultades de aprendizaxe e resto de alumnado.

Produtos finais

O producto final consiste na elaboración por parte do alumnado dun "caderno de viaxe". 

En grupo deberán elaborar unha porta a modo lapbook e dentro recrearán o destino/mundo elixido. 

Esa porta que da acceso terá que ter os seguintes apartados:

- Texto narrativo. Unha historia creada entre o compoñentes do grupo e gravada para incluír a través dun código Qr. 

- Descripción do lugar de destino.

- Folleto de viaxe. Tríptico coas características do contorno: fauna e flora, itinerarios, indumentaria apropiada, eventos culturais...

- Inspiración bibliográfica. Listaxe de libros consultados. 

Enfoque multinivel do reto

A proposta de actividades multinivel permite que o alumnado elixa as actividades en función das súas capacidades e intereses (seguindo os principios DUA).

Tamén o reto final se adapta ás habilidades e intereses de cada alumnado xa que permite que cada equipo desenvolva o seu propio caderno de viaxe.

Propostas para o plan lector

  • Lectura do libro:  "La Odisea" ou "Veinte mil leguas de viaje submarino" de Julio Verne.
  • Consulta de libros informativos sobre os diferentes destinos para a búsqueda de información. Por exemplo:
  • Deserto: Baussier, Sylvie (2006). Los animales del desierto. SM
  • Océano:  Weiss, Sabrina (2018). Exploradores del océano. Secretos de las profundidades marinas. Vicens-vives.
  • Selva: Socha, Piotr (2018). Árboles. Maeva-young.   
  • Espazo/universo: Bakowska, Karolina  (2020). El increíble universo. SM

Categorías gramaticais

A aprendizaxe da gramática pode ser un proceso complexo e abstracto para o alumnado. Unha forma de facelo máis atractivo e efectivo, é utilizar imaxes e símbolos que representen as diferentes categorías gramaticais.

Beneficios das imaxes e símbolos:

  • Fixación dos contidos: as imaxes e símbolos axudan a visualizar e comprender mellor os conceptos gramaticais.
  • Motivación: o uso de materiais visuais fai que a aprendizaxe sexa máis atractiva e divertida.
  • Manipulación: o alumnado pode recortar e manipular as imaxes e símbolos, o que lles permite unha aprendizaxe máis activa e participativa.

Para o caso de que sexa a primeira vez que o alumnado traballa a gramática utilizando figuras que representan as categorías gramaticais, pode colocarse na clase un cartel coa correspondencia entre figuras e categoría. Recomendamos tamén ter figuras manipulables, doadas de facer con calquera material: plastilina, plástico, cartolina, goma eva... ou impresas en 3D, que facilitarán o traballo na aula.

No apartado “3.2. Recursos e solucións do REA” podedes acceder a recursos e material de axuda para a gramática manipulativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)