Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidad didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA2.1 | Comprender o sentido de textos orais e multimodais sinxelos, recoñecendo o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas e implícitas, valorando o seu contido e os elementos non verbais e formais. | Identifica nun texto oído de unhas 200 palabras o tema, as ideas principais e as mensaxes explícitas. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 8 |
| CA2.3 | Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos | Expresa as súas ideas con claridade e cun vocabulario e unha xestualidade axeitados. |
TI |
3 | 8 |
| CA2.5 | Expresarse oralmente con coherencia para satisfacer necesidades de comunicación en diferentes situacións, cun vocabulario axeitado ao seu nivel, a partir de experiencias e interaccións orais. | Expresa con claridade e cun vocabulario axeitado vivencias persoais. | TI | 3 | 8 |
| CA3.2 | Comprender distintos tipos de textos valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. | Expresa a súa valoración persoal sobre un texto escrito a proposta da mestra ou do mestre. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 8 |
| CA3.3 | Utilizar estratexias para a comprensión de textos de diversa índole, identificando palabras clave e anticipando hipóteses. | Identifica as palabras clave e a idea central nun texto breve. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 8 |
| CA3.4 | Analizar, de maneira autónoma o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura. | Resume textos multimodais nos que inclúe a información aportada polos elementos paratextuais. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 7 |
| CA3.6 | Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. | Redacta con coherencia e harmonía un texto dixital no que se inclúen elementos textuais e paratextuais. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 8 |
| CA3.8 | Utilizar as bibliotecas da aula e do centro e as virtuais, cada vez con máis autonomía, comprendendo como se organizan e colaborando no seu coidado. Interesarse por manter a biblioteca propia e persoal, ampliando os seus fondos físicos e virtuais. | Xestiona correctamente o procedemento de procura e devolución de libros na biblioteca. |
TI |
3 | 8 |
| CA4.1 | Desenvolver un proceso de investigación individual, sobre algún tema de interese, realizado de maneira autónoma, que implique a localización, selección e contraste de información de distintas fontes, incluídas as dixitais, citándoas e recreándoas mediante a adaptación creativa de modelos dados. | Elabora un texto orixinal a partir de dúas ou máis fontes, citándoas. |
TI |
3 | 8 |
| CA4.2 | Compartir os resultados dun proceso de investigación sinxelo, individual ou grupal sobre algún tema de interese persoal ou ecosocial, realizado de maneira autónoma ofrecendo información extraída de distintas fontes, citándoas e recreándoas de maneira creativa | Realiza a presentación dun texto multimodal elaborado previamente, argumentando con corrección e co apoio dos elementos |
TI |
3 | 8 |
| CA4.3 | Utilizar a biblioteca para localizar un libro determinado con seguridade e autonomía, aplicando as normas do seu funcionamento. | Recoñece a nomenclatura das temáticas na biblioteca así como a ubicación e a organización dos libros nos estantes para buscalos con facilidade. |
TI |
3 | 7 |
| CA6.2 | Producir textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición. | Redacta textos de diferente tipoloxía cunha estrutura, unha ortografía e un vocabulario correctos. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 7 |
| CA6.6 | Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, para favorecer unha comunicación máis eficaz. | Identifica en textos os nomes, verbos, adverbios e adxectivos. |
PE (non engadida ao REA) |
3 | 7 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||