Contextualización do REA na programación de materia
Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.
Os REA de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria respectan a programación mestra de Proens para esta materia, cuns pequenos cambios que non afectan aos elementos principais da mesma. O obxectivo dos cambios propostos é que a UD 7 recolla o tema do debate e a UD 8 o da entrevista e non aparezan mesturados nestas dúas unidades. Facilítase así a organización dos contidos de lingua no referido a tipos de textos (argumentativos e expositivos de tipo periodístico respectivamente) e expresión e comprensión oral.
Cada REA se corresponde cunha unidade didáctica, afectando estes cambios aos mínimos de consecución das unidades 7 e 8 de Proens.
Cambios na UD 7:
| Criterios de avaliación da UD7 | Mínimo de consecución: en Proens | Mínimo de consecución: cambios |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Nas conversas grupais demostra respecto polas quendas, escoitando as intervencións dos demáis. |
Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación. |
Cambios na UD 8:
| Criterios de avaliación da UD8 | Mínimo de consecución: en Proens | Mínimo de consecución: cambios |
|
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel. |
Escoita as opinións dos demais no debate, argumentando a súa propia en función daquelas. |
Escoita as opinións das persoas entrevistadas, preguntando e repreguntando con corrección lingüística e cortesía. |
|
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional. |
Asimila parte das opinións alleas na súa propia argumentación. |
Nas entrevistas demostra respecto polas persoas entrevistadas, facendo as preguntas con cortesía e escoitando as respostas con atención. |
|
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante. |
Redacta en procesador de textos resumo de debate, no que expresa as opinións enfrontadas e a conclusión final. |
Redacta en procesador de textos resumo dunha entrevista realizada, no que recolle datos sobre a persoa entrevistada e os aspectos máis relevantes da información obtida a través das preguntas realizadas. |
Estes cambios afectarían tamén a descrición inicial proposta en Proens para cada unha destas unidades (7 e 8):
| Descrición en Proens | Cambio | |
|
UD7 |
O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Textos argumentativos, informativos e de opinión. Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais. Os xentilicios. |
O debate como forma ordenada de intercambiar ideas, con respecto polas diferentes opinións. Xogo de roles e asimilación da postura contraria. Textos argumentativos, informativos e de opinión. Verbos: conxugación, número e persoa. Formas persoais e non persoais. Os xentilicios. |
|
UD8 |
O debate: xogo de roles e asimilación da postura contraria. A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista. Verbos: tempo, modo e forma. Uso g/j, aumentativos e diminutivos. |
A entrevista: interacción coa persoa entrevistada. Preparación previa e redacción posterior da entrevista. Verbos: tempo, modo e forma. Uso g/j, aumentativos e diminutivos. |
Este REA02 "Activa modo diversiÓN" é un REA para o 1º trimestre, que traballa os contidos da UD2 de Proens, deseñado para desenvolver en 16 sesións.
Relación dos REA coa programación modelo de Proens
|
Número de REA e título |
Unidade/s didáctica/s (Proens) |
Criterios de avaliación traballados |
% Peso Materia (Orientación de Proens) |
Temporalización |
|---|---|---|---|---|
|
REA01: Acariciando palabras |
UD1: Por fin somos os maiores! |
CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.1, CA2.4, CA3.5, CA3.6, CA6.6, CA6.7 |
10% |
1ºT- 16 sesións |
|
REA02: Activa modo diversiÓN |
UD2: Escrito queda mellor |
CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.5, CA2.2, CA2.4, CA3.1, CA3.2, CA3.6, CA3.7, CA6.1, CA6.2, CA6.6, CA6.7 |
10% |
1º T- 16 sesións |
|
REA03: Abriendo puertas |
UD3: Aprendo e me emociono coa palabra |
CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA6.2, CA6.6 |
10% |
1º T- 16 sesións |
|
REA04: ¡Asómbrate! |
UD4: Contos e novelas |
CA2.1, CA2.5, CA3.2, CA3.4, CA3.9, CA4.5, CA4.6, CA5.1, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.9, CA6.2, CA6.4, CA6.6 |
11% |
2ºT- 15 sesións |
|
REA05: Poemas en el tejado |
UD5: A linguaxe poética |
CA2.3, CA3.4, CA4.5. CA4.6, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.2, CA6.6 |
11% |
2ºT- 15 sesións |
|
REA06: cREAndo criaturas |
UD6: Quen me coñece mellor? |
CA2.5, CA3.6, CA3.9, CA3.10, CA6.2, CA6.3, CA6.4, CA6.6 |
11% |
2º T- 16 sesións |
|
REA07: Pero ¡qué animal! |
UD7: Vivimos en democracia |
CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.8, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6 |
12% |
3ºT- 15 sesións |
|
REA08: De boca cerrada, no salen preguntas |
UD8: Comprendo a túa opinión |
CA2.2, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.7, CA3.8, CA3.10, CA3.11, CA6.5, CA6.6 |
12% |
3ºT- 15 sesións |
|
REA09: ¡No te lo vas a creer! |
UD9: A comunicación no mundo dixital |
CA2.6, CA2.7, CA3.3, CA3.10, CA4.4, CA6.6 |
13% |
3ºT- 16 sesións |