Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para ser levada a cabo en 16 sesións. Tal e como se recolle na programación didáctica de referencia publicada no aplicativo PROENS para a área de Lingua Castelá e Literatura, esta unidade é a segunda do 6º curso de Educación Primaria, polo que se ubica dentro do primerio trimestre deste curso.
Na seguinte táboa inclúese unha relación das diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións recomendadas para cada unha delas, así como unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes sesións de cada fase.
É importante lembrar que esta temporalización pode e debe flexibilizarse en función das necesidades e características do grupo ao que vaia dirixido.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. La aventura comienza |
1.1. Activando modo diversión 1.2. Objetivos 1.3. Diario de aprendizaje |
Nesta primeira fase preséntase o reto, buscando captar a atención do alumnado sobre a temática da unidade: o xogo e a súa importancia como elemento socializador e a relevancia que ten para mellorar a nosa contorna social máis próxima. O conto que ten como protagonista a Grisán, será o punto de partida para reflexionar sobre os momentos de ocio compartido e a importancia que lle atribúe cada quen a estas actividades lúdicas. |
1 |
|
2. La historia continúa |
2.1. ¿Atrapados? 2.2. Conocimientos previos 2.3. Diario de aprendizaje |
O alumnado comezará coa activación dos coñecementos previos sobre aspectos relacionados cos hiatos e ditongos e a acentuación de palabras. Continúa o conto de Grisán, que nos leva a un punto de reflexión sobre as preferencias para ocupar o tempo de lecer na actualidade. A partir desta activación reflexionarase sobre o uso de dispositivos electrónicos, valorando pros e contras. |
2 |
|
3. Nuevos desafíos |
3.1. Atrapajuegos 3.2. El sustantivo 3.3. Tesoros olvidados 3.4. Prefijos y sufijos 3.5. Instrucciones en juego 3.6. Estaciones de aprendizaje 3.7. Diario de aprendizaje |
Durante esta fase, o alumnado traballará os contidos gramaticais e léxicos sinalados na programacións de PROENS (o substantivo, a formación de palabras utilizando prefixos e sufixos). Acompañando cada contido teórico sitúanse diferentes actividades interactivas e tamén cooperativas, que permitirán xogar coas palabras e afondar nun coñecemento máis profundo das mesmas. Xurde o tema do aburrimento, como axente de importancia que activa a creatividade. Para combatilo deberán atopar o antídoto, que non é outro que o xogo. A partir de aí, buscaranse opcións de actividades lúdicas coñecidas, coma os xogos populares, e aprenderán a establecer instrucións claras e funcionais con diferentes actividades. Investigarán, crearán textos, lanzarán retos aos outros grupos realizando actividades encamiñadas á consecución do reto final. |
8 |
|
4. Reto en acciÓN |
4.1. Activa modo creaciÓN 4.2. Fin de una era gris 4.3. Diario de aprendizaje |
Nesta fase o alumnado comezará a traballar no reto, en equipos, para elaborar unha infografía co xogo que decidan. Nos apartados anteriores adquiriron as aprendizaxes necesarias para abordalo. Remata o conto de Grisán, sinalando o camiño que podemos seguir para ser un grupo clase verdadeiramente inclusivo. |
3 |
|
5. Conclusión |
5.1. Nos valoramos 5.2. Me valoro 5.3. Diario de aprendizaje |
Realizaranse as exposicións orais do traballo realizado por cada equipo. Aínda quedará organizar unha sesión para poñer en práctica todos os xogos que forman parte do manual, organizando unha xincana. Unha vez concluído o reto o alumnado reflexionará sobre todo o aprendido durante esta unidade, valorará o traballo realizado nos diferentes equipos a través dunha actividade de coavaliación, e completarán esta reflexión facendo unha autoavaliación da súa participación e implicación no traballo desta unidade. Para finalizar, poderán achegar propostas de mellora no último apartado do diario de aprendizaxe. |
2 |