Este REA desenvolve ás seguintes unidades da programación didáctica de referencia publicada en PROENS (curso 2023-2024, na súa primeira edición) para o 5º curso de Educación Primaria na materia de Ciencias Sociais: 7 "A Idade Media" e 8 "A Idade Moderna".
Pola súa temporalización, despois do traballo sobre as Institucións de Galicia e a poboación nas anteriores unidades didácticas, preténdese facer unha comparativa e análise das épocas históricas que levaron á situación actual, pasando do vivido e próximo, ao afastado, neste caso, no tempo.
O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 1. Ciencia e Tecnoloxía e 4. Leccións do pasado, que abarcan destrezas e estratexias para a iniciación no método científico, a través da investigación coma principio básico do mesmo. En concreto, neste REA a través da indagación e o descubrimento dos feitos e persoas relevantes para a nosa historia, poñendo en valor o impacto da ciencia na nosa sociedade e incluíndo a perspectiva de xénero. Tamén, coma sinalamos, neste bloque 4 inclúese a vinculación entre as situacións do presente e estes feitos históricos, utilizando o pensamento histórico e as relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión como medio para entender a evolución das sociedades ao longo do tempo.
| Contidos |
Bloque da materia |
|
C1.1 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...).
C1.2 - Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.
C1.3 - Terminoloxía propia da área e vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións.
C1.4 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.
C1.6 - Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo. A aula virtual.
|
Bloque 1
|
|
C4.1 - As fontes históricas: clasificación e utilización das distintas fontes (orais, escritas, patrimoniais).
C4.2 - O tempo histórico na Idade Media: o Camiño de Santiago, o Románico e o Gótico, duración e feitos históricos, papel representado por suxeitos históricos (individuais e colectivos), acontecementos e procesos.
C4.3 - O tempo histórico na Idade Moderna: os descubrimentos, o Renacemento e o Barroco, duración e feitos históricos, papel representado por suxeitos históricos (individuais e colectivos), acontecementos e procesos.
C4.4 - As expresións artísticas e culturais medievais, modernas e contemporáneas en Galicia e a súa contextualización histórica desde unha perspectiva de xénero. A función da arte e da cultura no mundo actual.
C4.5 - O patrimonio natural e cultural como ben e recurso; o seu uso, coidado e conservación.
|
Bloque 4
|
Pero temos que ter claro que o desenvolvemento destes bloques da área de Ciencias Sociais non debe entenderse de maneira illada e o seu tratamento debe ser integral. Isto implica unha transferencia de coñecementos, destrezas e actitudes doutras disciplinas que quedan recollidos nestes bloques interrelacionados, que se presentan diferenciados entre si para darlles unha especial relevancia á investigación científica, á resolución de conflitos e a toma de decisións e ao desenvolvemento sostible, debendo desenvolverse vinculados.
Estes son os obxectivos da materia traballados específicamente:
| Obxectivos |
Descrición |
|
OBX 1
|
Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
|
|
OBX 2
|
Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
|
|
OBX 3
|
Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e as propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.
|
|
OBX 5
|
Observar, comprender e interpretar continuidades e cambios do medio natural, social e cultural, analizando relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión, para explicar e valorar as relacións entre diferentes elementos e acontecementos.
|
Competencias clave e os descritores operativos traballados:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| CCL Competencia en comunicación lingüística |
CCL 1, CCL 2, CCL 3, CCL 5 |
| STEM Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría |
STEM 2, STEM4 |
| CD Competencia dixital |
CD 1, CD 2, CD 3, CD 4, CD 5 |
| CPSAA Competencia persoal, social e de aprender a aprender |
CPSAA 4 |
| CC Competencia cidadá |
CC 1, CC 3, CC 4 |
| CE Competencia emprendedora |
CE 1, CE 2 |
| CCEC Competencia en conciencia e expresións culturais |
CCEC 1, CCEC 4 |