Temporalización do REA
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. O legado da dama esquecida |
1.1. Que imos aprender? 1.2. Como lograrás o reto? |
Sesión de motivación e presentación da situación de aprendizaxe e reto a desenvolver. |
1 sesión |
|
2. Problemas no laboratorio |
2.1. Pero, que pasou antes? 2.2. Aprende das persoas expertas 2.3. Diferentes versións pero unha única Historia |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras áreas sobre as épocas históricas previas á Idade Media e sobre diversos medios de para transmitir información científica, ademais da necesidade do emprego de fontes seguras para buscar esta información. |
2 sesións |
|
3. Tempo de viaxar: a Idade Media e a Idade Moderna. |
3.1. Entre castelos e labregos 3.2. Cando todo comezou a mudar 3.3. Expertos e expertas da Historia 3.4. Pedra sobre pedra 3.5. Tempo de batallas e cambios 3.6. Tempo de descubrimentos e revolucións. 3.7. E quen era ela? Seguindo a súa pista 3.8. O que o ollo si ve |
Nesta sección realízanse actividades de comprensión, análise e reflexión sobre novos coñecementos relacionados coas épocas históricas da Idade Media e Idade Moderna, así coma a visión de xénero aplicada a estas épocas, levando á valoración da situación da muller ao longo destes períodos. |
7 sesións |
|
4. Científicos e científicas en acción: hora de divulgar |
4.1. Transformando datos en historias 4.2. Fala como persoa experta! 4.3. Crea para contar 4.4. En marcha: deseña o voso Congreso. |
Nestas sesións aplicarase o aprendido para a realización dos produtos necesarios para acadar do reto final, o "Congreso Científico", co obxectivo de tratar de divulgar as aprendizaxes adquiridas nas fases anteriores, e tratando de atopar o camiño para responder á demanda de María de Souto e a súa devanceira, Rosa. |
4 sesións |
| 5. Un final á altura do reto: facemos Historia. |
5.1. Do saber á acción: así divulgamos nós. |
Esta sección servirá para desenvolver a propia xornada de celebración do "Congreso científico", analizar a repercusión do mesmo e se acadamos o encargo de María de Souto e de Rosa. Tamén terá un tempo destinado a realizar unha metacognición sobre o aprendido. |
2 sesións |