Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens). As probas escritas non se inclúen neste Recurso Educativo Aberto.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA4.1 - Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do patrimonio natural e cultural a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade. | Coñecer, valorar, protexer e respectar o patrimonio natural e cultural como un ben común. | PE (Non incluida no REA) |
7 8 |
20 20 |
| CA4.2 - Analizar relacións de causalidade, simultaneidade e sucesión entre diferentes elementos do medio social e cultural desde a Idade Media ata a actualidade, situando cronoloxicamente os feitos. | Identificar feitos da contorna social e cultural desde a Idade Media ata a actualidade partindo do achegamento aos diferentes marcos cronolóxicos. | PE (Non incluida no REA) |
7 8 |
20 20 |
| CA4.3 - Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade, incorporando a perspectiva de xénero, situándoas cronoloxicamente e identificando trazos significativos sociais en distintas épocas da historia. | Coñecer persoas, grupos sociais relevantes e formas de vida das sociedades desde a Idade Media ata a actualidade, incorporando a identidade de xénero. | PE (Non incluida no REA) |
7 8 |
20 20 |
| CA1.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede | Utilizar determinados dispositivos e recursos dixitais de acordo co contexto. | TI |
7 8 |
10 10 |
| CA1.2 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. | Amosar curiosidade polo medio natural, social e cultural máis próximo. | TI |
7 8 |
15 15 |
| CA1.3 - Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural. | Realizar actividades no contexto da comunidade escolar de forma cooperativa. | TI |
7 8 |
15 15 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||