Saltar navegación

3. Guía de uso

A nosa pegada no cole!

Este REA está dirixido ao alumnado de 5º de primaria, e nel abordarán varios bloques da área de Ciencias Sociais, en concreto as unidades 5 e 6 da programación didáctica de referencia publicada no PROENS para a materia: “As institucións de Galicia” e “Poboación”.

Os diferentes bloques do presente REA están deseñados partindo do DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe), de forma que ao longo do REA preséntanse varios niveis de elaboración de actividades de xeito que diversificamos o acceso a información e o traballo coa mesma, en múltiples formatos e niveis; tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.

A nivel metodolóxico podemos destacar o traballo en equipo nalgunhas tarefas. Os traballos destes equipos implicarán planificar, deseñar, elaborar e avaliar as súas producións. Como conclusión final todos os grupos deberán coordinarse para acadar o reto.

Ao longo do REA o alumnado irá atopando distintos tipos de actividades: dixitais con corrección automática, tarefas para realizar no caderno, traballo en equipo… e tamén poderán desenvolver algunhas actividades de tipo manipulativo.

O alumnado ampliará os seus coñecementos sobre as institucións e a poboación. Por outra banda buscará información sobre os habitantes das provincias españolas e das comarcas de Galicia. Serán quen de investigar sobre a emigración ou inmigración na súa familia, os cambios culturais na súa cidade ou vila, e sobre xente importante do seu país (tanto emigrante como inmigrante). Por último  aprenderán sobre o goberno local, provincial, autonómico, estatal e Europeo, acadando unha visión ampla do mesmo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)