Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 4 REA, unha proposta global para a materia de CIS (Ciencias Sociais) de 5º de Primaria do proxecto cREAgal para conter as 8 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de CIS de 5º Primaria respecta no posible a temporalización por trimestre e a secuencia de UD da programación modelo Proens. Ademais, a proposta de emparellar dúas UD por REA respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2025-2026 pdf

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: “Un robot no Universo”

UD 1: “O noso planeta: a Terra”

UD 2: “A representación da Terra”

CA 2.1, CA2.2, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3

CA 2.1, CA2.2, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4, CA 2.4

13 + 13 (10 + 10) 20 sesións do primeiro trimestre 
REA 2: “Salva o cole, salva o planeta!”

UD 3: “O clima”

UD 4: “Vida sustentable”

CA 2.1, CA2.2, CA 2.3, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4

CA 2.1, CA2.2, CA 2.3, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 2.4, CA 3.3

13 + 12 (10+8) 18 sesións do segundo trimestre
REA 3: “A nosa pegada no cole”

UD 5: “As institucións de Galicia”

UD 6: “Poboación”

CA 3.1, CA 3.4, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 3.2, CA 3.3

CA 3.1, CA 3.4, CA 1.1, CA1.2, CA 1.3, CA 1.4

12 + 12 (8+8) 16 sesións entre o segundo e o terceiro trimestre
REA 4: “A Historia é ciencia”

UD 7: “A Idade Media”

UD 8: “A Idade Moderna”

CA 4.1, CA 4.2, CA 4.3, CA1.1, CA 1.2, CA 1.3

CA 4.1, CA 4.2, CA 4.3, CA1.1, CA 1.2, CA 1.3

12 + 13 (7+9) 16 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia “Ciencias Sociais” de 5º de Educación Primaria:

  • Implicación do alumnado no coñecemento e respecto pola súa contorna, cultura e historia; tanto a próxima como a máis afastada a través do coñecemento das “Institucións” e a “Poboación” de Galicia.
  • Fomento de actitudes como a  creatividade, a cooperación, e o desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento. 
  • Colaboración na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) da axenda 2030 e a súa conexión co mundo real.

En maior profundidade trataranse:

  • ODS 1. Fin da pobreza: tomando conciencia das desigualdades económicas e sociais dentro e entre os territorios. 
  • ODS 3. Saúde e benestar: falando sobre o impacto do envellecemento da poboación e os servizos sociais, e promovendo hábitos de vida saudables relacionados co benestar social.
  • ODS 4. Educación de calidade: desenvolvendo competencias cívicas, sociais e éticas e fomentando valores de respecto, convivencia e responsabilidade democrática.
  • ODS 5. Igualdade de xénero: reflexionando sobre a representación das mulleres nas institucións e promovendo a igualdade no acceso os dereitos e a participación social.
  • ODS 10. Redución das desigualdades: reflexionando sobre a diversidade social e cultural da poboación e promovendo o respecto ás persoas migrantes e a loita contra a discriminación.
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables: analizando o impacto do crecemento urbano e o despoboamento no rural e coñecendo iniciativas para mellorar a vida nas vilas e cidades. 
  • ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas: promovendo o coñecemento das institucións democráticas, fomentando a participación responsable da cidadanía e recoñecendo a importancia do cumprimento das normas. 

Baseándonos nos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) da axenda 2030, o obxecto das Ciencias Sociais é o de dispoñer das ferramentas axeitadas para formar individuos libres e con espírito crítico, que a aplique na  conciencia ecosocial no coidado do noso planeta.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de "Ciencias Sociais" de 5º de Educación primaria contextualízase na UD 5 "As institucións de Galicia" e na UD 6 a "Poboación".

Enmárcase nos  bloques de contido 1. Ciencia e Tecnoloxía e 3. Vivir en sociedade.

Contidos Bloque da materia

C1.1 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...).

C1.2 - Instrumentos e dispositivos apropiados para realizar observacións e medicións precisas de acordo coas necesidades da investigación.

C1.3 - Terminoloxía propia da área e vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións.

C1.4 - Fomento da curiosidade, da iniciativa, da constancia e do sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.

C1.6 - Dispositivos e recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo. A aula virtual.

C1.7 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise.

Bloque 1

C3.1 - Historia e cultura das minorías étnicas presentes no noso país: diversidade cultural e lingüística de Galicia.

C3.2 - A cultura da paz e non violencia. O pensamento crítico como ferramenta para a análise dos conflitos de intereses. O recoñecemento das vítimas da violencia.

C3.3 - A organización política. Principais entidades políticas e administrativas da contorna local, provincial e autonómica en Galicia. Sistemas de representación e de participación política.

C3.4 - A memoria democrática. Análise multicausal do proceso de construción da democracia en España.

C3.5 - Galicia. Principais institucións, valores e funcións.

C3.6 - Migracións e diversidade cultural. As principais variables demográficas e a súa representación gráfica. Os comportamentos da poboación e a súa evolución. Os movementos migratorios e a apreciación da diversidade cultural. Contraste entre zonas urbanas e despoboamento rural.
C3.7 - Igualdade de xénero e condutas non sexistas. Crítica dos estereotipos e roles nos distintos ámbitos: académico, profesional, social e cultural. Accións para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente, para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX 2 Expor a resposta a cuestións científicas sinxelas, empregando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios de do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX 6 Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestións éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea. 
OBX 7 Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, os dereitos humanos e da infancia e os principios e valores da Constitución española e a Unión Europea, valorando a función do Estado e as súas institucións no mantemento da paz e seguridade integral cidadá, para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL Competencia en comunicación lingüística  CCL 1, CCL 2, CCL 3, CCL 5
CP Competencia Plurilingüe CP 3 
STEM Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría  STEM 2, STEM4
CD Competencia dixital CD 1, CD 2, CD 3, CD 4, CD 5
CPSAA Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA 1, CPSAA 3
CC Competencia cidadá CC 1, CC 2, CC 3, CC 4
CCEC Competencia en conciencia e expresións culturais CCEC 1, CCEC 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)