Saltar navegación

1. Descrición xeral

A nosa pegada no cole

Esta situación de aprendizaxe aborda as unidades 5 e 6 da área de Ciencias Sociais, correspondentes o título "As institucións de Galicia" e "Poboación" respectivamente, seguindo o modelo de programación PROENS. 

O alumnado familiarizarase con conceptos como poboación, emigración, censo, densidade de poboación... e tamén cos distintas formas de organización do territorio.

Respecto a organización do territorio, partirá dende unha análise dende a Comunidade Europea, para a continuación pasar pola organización do Estado, a organización da provincia, o concello para chegar finalmente o entorno máis próximo no colexio. 

reto desta unidade consistirá facer propostas en equipos para mellorar a escola. As propostas máis votadas levaranse ante á dirección do centro para ver cales se materializan e presentarase  toda a información recollida nunha exposición.

As metas de aprendizaxe son:

  • Empregar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo ou en rede.
  • Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. 
  • Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, empregando os criterios de fiabilidade das fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural.
  • Realizar experimentos guiados, empregando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando de forma segura os instrumentos e dispositivos apropiados, realizando observacións e medicións precisas e rexistrándoas correctamente.
  • Participar con actitude emprendedora na procura, contraste e avaliación de propostas  para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica das causas e consecuencias da intervención humana na contorna.

 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)