Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA, A nosa pegada no cole, está dentro do marco pedagóxico do proxecto cREAgal  do que forma parte dentro da área de Ciencias Sociais.

As propostas pedagóxicas contidas neste REA, foron elaboradas tendo en conta a atención a diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe que poida ter o alumnado; favorecendo a capacidade de aprender a aprender, e motivando deste xeito unha aprendizaxe en equipo/grupo.

Dende o punto de vista metodolóxico, este REA é fundamentalmente activo e participativo, favorecendo tanto o traballo individual como o traballo en grupo do alumnado dentro da aula. 

A tal fin integraranse referencias a vida cotiá e a contorna onde se desenvolve o alumnado, co fin de motivalo e facelo participe de proceso de ensino-aprendizaxe.

A contorna será un medio idóneo para adquisición de novas aprendizaxes, comezando polas máis próximas a súa realidade ata chegar as máis complexas. 

No proceso de ensino e aprendizaxe aseguraremos distintos tipos de aprendizaxe:

Aprendizaxe significativa. Partindo dos coñecementos previos, as alumnas e alumnos han de ser capaces de aprender a aprender, para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.

Aprendizaxe funcional. Os novos contidos deberán ser empregados polo alumnado cando os precise; para o cal debe facer unha memorización comprensiva e razoada. 

Aprendizaxe cooperativa. Traballar a materia en grupo, a través do desenvolvemento do reto ou mediante debates aumentará o interese pola mesma. 

Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Ciencias Sociais, cun enfoque dirixido a realización de diversas tarefas, actividades ou proxectos de xeito autónomo e/ou guiado por parte do alumnado co fin de acadar unha aprendizaxe significativa; buscando un enfoque globalizado, de carácter interdisciplinar, transversal e tratando de achegar o coñecemento científico o alumnado. A contorna será un medio idóneo para a adquisición de novas aprendizaxes, comezando polas máis próximas a súa realidade e ata chegar a outras máis complexas. 

O traballo individual desenvolverase en actividades como a de “Sitúate no mundo” na que o alumnado completa en círculos a información sobre a súa vila ou cidade para pouco a pouco ampliar os círculos ata o de continente.

O traballo en equipo desenvolverase a través de disintas tarefas como a investigación da poboación en Galicia ou nas distintas provincias. 

O traballo individual e en equipo serán as opcións máis empregadas para favorecer a participación do alumnado. 

Por outra banda, a hora de reflexionar sobre o traballo realizado empregarase o diario de aprendizaxe individual onde se fará unha reflexión sobre o que se aprendeu nos temas traballados. 

Non esquecer a necesidade de transmitir os coñecementos o resto dos membros da comunidade educativa, facendo previamente un traballo de recompilación de información que observamos no punto catro “Traballamos en sociedade” e o punto 5 “As propostas elixidas”.

En resumo, a metodoloxía será activa, participativa, comunicativa e intentará incluír novas experiencias que fomenten a innovación educativa na medida que sexa posible, coa finalidade de incentivar e motivar ao alumnado cara as novas aprendizaxes. 

O proceso de desenvolvemento desta situación de aprendizaxe favorecerá no alumnado a súa capacidade creativa, ademais de darlle importancia ao impacto que xera o resultado obtido na súa comunidade educativa. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)