Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens). As probas escritas non se inclúen neste Recurso Educativo Aberto.
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA3.1 - Analizar os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a sociedade actual, valorando a diversidade etnocultural ou afectivo sexual e a cohesión social, e mostrando empatía e respecto por outras culturas e a igualdade de xénero. |
Coñecer os elementos básicos da sociedade actual. |
PE (Non incluída no REA) |
5 6 |
20 25 |
| CA3.4 - Explicar o funcionamento xeral dos órganos de goberno do concello, das comunidades autónomas, do Estado español e da Unión Europea, valorando as súas funcións e a xestión dos servizos públicos para a cidadanía. | Coñecer algúns dos órganos de goberno e servizos públicos básicos. Coñecer algúns dos órganos de goberno e servizos públicos básicos e diferenciar os marcos europeo e estatal. |
PE (Non incluída no REA) |
5 6 |
40 25 |
| CA1.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede. |
Utilizar determinados dispositivos e recursos dixitais de acordo co contexto | TI |
5 6 |
5 10 |
| CA1.2 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. | Amosar curiosidade polo medio natural, social e cultural máis próximo. | TI |
5 6 |
5 15 |
| CA1.3 - Buscar, seleccionar e contrastar información, de diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural. |
Utilizar algunha fonte de información para as súas investigacións. Realizar actividades no contexto da comunidade escolar de forma cooperativa. |
TI |
5 6 |
5 10 |
CA1.4 - Realizar experimentos guiados, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando de forma segura os instrumentos e dispositivos apropiados, realizando observacións e medicións precisas e rexistrándoas correctamente. |
Participar en experimentos guiados e no rexistro dos datos correspondentes. |
TI |
6 |
15 |
| CA3.2 - Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando diferentes modelos na nosa sociedade. | Adoptar unha actitude tolerante co resto. | TI | 5 | 10 |
| CA3.3 - Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da de Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, a seguridade integral cidadá e o recoñecemento das vítimas da violencia. | Coñecer algunhas institucións autonómicas, estatais e europeas e as súas funcións básicas para manter a paz. | TI | 5 | 15 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||