Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Este REA está deseñado para poder ser realizado con medios tecnolóxicos, xa que aporta diversas actividades interactivas adaptadas a todo o alumnado. 

En principio están deseñadas para poder traballar con ordenadores de forma individual e grupos de 3 persoas. 

Neste REA inclúense tódolos materiais necesarios para o seu desenvolvemento tanto para o alumnado como para o profesorado. No material inclúense plantillas en dous formatos:

Editables (.odt e .odp): teñen como finalidade que o profesorado poida adaptar as actividades e tamén que o alumnado poida utilizalas para realizar os exercicios de forma directa.
Formato .pdf: teñen como finalidade que se poidan imprimir e proxectar sen alteración no seu estilo.

Todas as actividades descargables do REA do alumnado, tanto editables coma non, levan ao seu carón o enlace para poder ser descargados nos formatos indicados.

Materiais para as actividades manipulativas.

Diferentes documentos para o seguimento das actividades: tarxetas, fichas prácticas, carnés, pósteres,..

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

O tipo de agrupamento nas actividades grupais máis recomendado é o de 3 persoas por equipo de forma que poidan adoitar o rol de comandante, piloto e especialista e irse rotando eses roles.

Os distintos grupos tamén se reunirán ao final para organizar o Museo Espacial. 

Produtos finais

O produto final consiste na creación dun Museo Espacial nun espazo do colexio que o resto da Comunidade Educativa poida visitar e interactuar.

Antes do reto final realizarán tarefas intermedias, necesarias para encarar con éxito o produto final:

  • Completar unha tarxeta identificativa de astronauta.
  • Sinalar puntos cardinais na aula.
  • Crear un plano da aula do alumnado ou calquera outra do centro.
  • Deseñar un mapa do tesouro.
  • Debuxar unha rosa dos ventos no chan do colexio.
  • Crear un planetario.
  • Argallar unha presentación sobre un planeta en distintos formatos como poden ser vídeo, audio...
  • Descubrir as profesións STEAM e a recoller información sobre distintos persoeiros significativos.

Enfoque multinivel do reto

Nas actividades previas, que mais tarde formarán parte do Museo Espacial, desenvólvense tres niveis de dificultade, denominados nivel especialista, nivel piloto e nivel comandante.

Todas elas están pensadas para que todo o alumnado sexa participe da creación e desenvolvemento, e algunhas teñen a posibilidade de crearse en distintos formatos.

Inclúense unha serie de recursos variados adaptados a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)