Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA está dentro do marco pedagóxico do proxecto cREAgal  do que forma parte este recurso para a área de Ciencias Sociais.

Dende o punto de vista metodolóxico este REA é fundamentalmente activo e participativo, favorecendo o traballo individual e en grupo do alumnado na aula. 

A tal fin integraranse referencias a vida cotidiá e a contorna onde se desenvolve o alumnado, co fin de motivado e facelo participe de proceso de ensino- aprendizaxe. A contorna será un medio idóneo para adquisición de novas aprendizaxes, comezando polas máis próximas a súa realidade ata chegar as máis complexas. 

Os criterios metodolóxicos deste REA seguen as liñas da materia de Ciencias Sociais, cun enfoque dirixido a realización de diversas tarefas, actividades ou proxectos de xeito autónomo e/ou guiado por parte do alumnado co fin de acadar unha aprendizaxe significativa; buscando un enfoque globalizador, de carácter interdisciplinar, transversal e tratando de achegar o coñecemento científico o alumnado.

O traballo individual e en equipo serán as opcións máis empregadas para favorecer a participación total do alumnado. 

En resumo, a metodoloxía será activa, participativa, comunicativa e intentará incluír novas experiencias que fomenten a Innovación educativa na medida que sea posible, coa finalidade de incentivar e motivar ao alumnado cara as novas aprendizaxes. 

O proceso de desenvolvemento desta situación de aprendizaxe favorecerá no alumnado a súa capacidade creativa, ademais de darlle importancia ao impacto que xera o resultado obtido na súa comunidade educativa. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)