Saltar navegación

3. Guía de uso

O misterio das palabras roubadas

O REA "O misterio das palabras roubadas" ten como finalidade que o alumnado constrúa de forma guiada conclusións sobre a lingua, usando para iso a metalinguaxe específica e integrando os niveis morfosintáctico, semántico e pragmático no estudo das formas lingüísticas.

Mediante a creación dun escape room (e a resolución da proposta elaborada pola outra metade do grupo), mobilizará o seu coñecemento sobre a estrutura da lingua e reflexionará sobre as eleccións lingüísticas propias e alleas. Por tanto, dunha maneira lúdica, este recurso favorece que o alumnado desenvolva a súa conciencia lingüística e mellore as súas destrezas de comunicación oral e escrita.

Aínda que cada docente ten a posibilidade de adaptar este recurso ás características do grupo co que traballa, é importante ter en conta que cada tarefa proposta está baseada nas fases anteriores do proxecto polo que convén respectar a coherencia global do REA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)