Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º da ESO están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Lingua Castelá e Literatura é unha materia instrumental estruturada arredor de tres grandes bloques de contido: Lingua, Literatura e Texto-Comunicación. A actual división das unidades didácticas en Proens dota dun peso desigual estes contidos: 20% para Lingua, 30% para Literatura e 50% para Texto-Comunicación. Ademais, reparte ditos contidos de xeito irregular: 1º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura; 2º trimestre, Lingua, Texto-Comunicación e Literatura e 3º trimestre, Texto-Comunicación e Literatura.

Para acadar un mellor equilibrio, o equipo de persoas elaboradoras decide trasladar a UD 4 do 2º trimestre ao 1º e a UD 2 do 1º trimestre ao 2º. Deste xeito, o peso dos contidos de Lingua estará repartido ao longo dos tres trimestres: o alumnado aprenderá as unidades lingüísticas no 1º trimestre, e no 2º e 3º poderá retroalimentarse e ter os coñecementos daquelas ao traballar co texto (unidades didácticas 5 e 7 de Proens).

Tamén se varía a temporalización nas unidades didácticas 1 e 4, mantendo a duración anual de 105 sesións.

- UD1: 9 sesións en Proens. 6 sesións para o REA.

- UD4: 18 sesións en Proens. 21 sesións para REA 4.

Este REA 2 "El misterio de las palabras robadas" é un REA para o 2º trimestre que traballa os contidos da unidade didáctica de Proens 4, deseñado para desenvolver en 21 sesións.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: ¡Nos vamos de viaje!

UD1: A Torre de Babel

CA1.1, CA1.2, CA1.3

10%

1ºT- 16 sesións

UD3: Tu risa me hace libre

CA3.3, CA3.4, CA3.7, CA3.8, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.5, CA4.7, CA4.8

10%

REA02: El misterio de las palabras robadas

UD4: O misterio das palabras

CA2.7, CA5.1, CA5.4, CA5.5

20%

2ºT- 21 sesións

REA03: ¡No nos mires, iguálate!

UD2: Comunicando

CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.8, CA3.3, CA3.5, CA3.8, CA5.1, CA5.3

10%

1ºT- 12 sesións

REA04: ¡Cuento contigo!

UD5: Cóntame un conto

CA2.1, CA2.3, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.7

10%

2ºT- 22 sesións

UD6: Viviendo una realidad capturada por las palabras

CA3.3, CA3.4, CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

REA05: Un mundo por proteger

UD7: Escribir a natureza

CA2.1, CA2.3, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.6, CA3.8, CA5.2, CA5.3

10%

3ºT- 12 sesións

REA06: Protege tu intimidad

UD8: Atrapados na rede

CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.9, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6

10%

3ºT- 22 sesións

UD9: Hay arroyos poetas y voces interiores

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.7, CA4.8

10%

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica baséase nos seguintes eixes da materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de ESO:

  • Reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua, que proporciona a ferramenta necesaria para desenvolver a conciencia lingüística e mellorar os procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.
  • Interacción oral e escrita adecuadas nos distintos contextos en función do propósito comunicativo.
  • Interpretación de textos literarios e non literarios (sociais e propios da vida cotiá).
  • Concienciación para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 4 (educación de calidade), mediante a inclusión da ludificación como metodoloxía que activa a motivación pola aprendizaxe.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Tendo en conta a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de ESO, este REA traballa os contidos da unidade 4 (O misterio das palabras). Nesta proposta, trasládase ao primeiro trimestre, en concreto como segunda unidade do curso, para que o alumnado afonde na súa reflexión sobre a lingua desde o comezo e poida aplicar os coñecementos adquiridos nos outros dous trimestres, especialmente nas unidades quinta e sétima.

Por iso, este recurso céntrase nos seguintes bloques de contidos:

  • Bloque 2. Comunicación: comprensión oral e escrita.
  • Bloque 5. Reflexión sobre a lingua.

Contidos

Bloque da materia

  • Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
    • Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
    • Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.

Bloque 2

  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación das unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
    • Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
    • Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e o sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
    • Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e co uso da terminoloxía sintáctica necesaria. Orde das palabras e concordancia.
    • Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.

Bloque 5

Os obxectivos da materia nos que se centra especificamente este REA son os seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX5

Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.

OBX9

Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía adecuada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica.

As competencias clave e os descritores operativos traballados son os seguintes:

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL3, CCL5

Competencia plurilingüe (CP)

CP3

Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1

Competencia dixital (CD)

CD2, CD3

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA3, CPSAA5

Competencia cidadá (CC)

CC1, CC2, CC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)