Criterios de avaliación e mínimos de consecución
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA2.7 - Identificar e reparar algúns problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso. |
Deducir o significado das palabras a partir de formantes coñecidos e utilizar adecuadamente o dicionario nos restantes casos. |
TI |
4 |
15 |
|
CA5.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, tendo en conta aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical. |
Atopar sinónimos, hiperónimos e hipónimos para evitar repeticións innecesarias e incluír elementos cohesivos para a correcta organización do contido. |
TI |
4 |
20 |
|
CA5.4 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e unha metalinguaxe específica. |
Identificar as categorías gramaticais predominantes en textos narrativos e descritivos. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
20 |
|
CA5.5 - Formular xeneralizacións sobre aspectos básicos do funcionamento da lingua partindo da observación, da comparación e da transformación de enunciados, así como da formulación de hipóteses e da procura de contraexemplos utilizando unha metalinguaxe específica e consultando, de xeito guiado, dicionarios, manuais e gramáticas. |
Explicar a mudanza de categoría gramatical dunha palabra mediante a utilización de afixos, a partir da observación e transformación de enunciados. |
PE (non incluída no REA) |
4 |
45 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||