Saltar navegación

1. Descrición xeral

O misterio das palabras roubadas

Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) centrado na reflexión sobre a lingua. O seu obxectivo é que o alumnado de 1º de ESO aprenda dunha maneira lúdica a elaborar as súas propias conclusións sobre o funcionamento do sistema lingüístico: identifique as categorías gramaticais, recoñeza os formantes das palabras, observe as diferenzas entre a lingua oral e a lingua escrita ou relacione os esquemas semántico e sintáctico da oración simple.

Nesta situación de aprendizaxe (SA), a clase dividirase en dous grupos. Para a resolución do reto, cada un deberá deseñar un escape room de misterio que a outra metade deberá resolver aplicando os coñecementos adquiridos sobre Gramática.

As metas de aprendizaxe deste REA son as seguintes: 

  • Crear recursos de gamificación para a aula.
  • Resolver os enigmas deseñados polo outro grupo.
  • Identificar as categorías gramaticais.
  • Recoñecer os formantes das palabras.
  • Distinguir o esquema da oración simple.
  • Coñecer as diferenzas e as interseccións entre lingua oral e lingua escrita.
  • Enriquecer os textos mediante o uso adecuado de dicionarios e de correctores ortográficos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)