Protege tu intimidad: guía de uso
Con este REA pretendemos ofrecerlle ó profesorado unha proposta motivadora que dea resposta á diversidade das nosas aulas. O recurso está estruturado en cinco bloques elaborados segundo o DUA que dispón de diferentes formatos de información e niveis de execución de actividades, tentando chegar ó maior número de realidades individuais do alumnado.
O traballo coa materia vertébrase arredor de tres eixes de contidos: en primeiro lugar, preténdese guiar ao alumnado para aprenderen a expresar os seus sentimentos mediante os tópicos literarios máis habituais; en segundo lugar, procúrase ensinarlles pautas para saberen protexer a súa intimidade en internet; e, por último, afóndase na necesidade de desenvolver o pensamento crítico para enfrontaren aos contidos que atopan na rede. Para traballar eses contidos ofrécese, como punto de partida, unha ampla selección de vídeos, textos e cancións, que van desde os clásicos literarios até a actualidade.
Dada a importancia dos medios de comunicación e das redes sociais neste REA, baseamos a nosa proposta metodolóxica nas directrices do Marco para as Institucións Educativas Competentes na Área Dixital (DigCompOrg) que aconsella por "en primeiro plano a seguridade, os riscos e un comportamento responsable en entornos en liña" así como "desenvolver destrezas sociais e emocionais". A continuación precisamos os descritores correspondentes aos susoditos principios:
"A Competencia Dixital do persoal e dos estudantes trata de forma extensiva a seguridade, a concienciación cos riscos e as normas para ter un comportamento responsable en entornos en liña".
"A organización promove o desenvolvemento por parte do persoal e dos estudantes de destrezas sociais e emocionais (as destrezas necesarias para entender e xestionar emocións, establecer e alcanzar obxectivos positivos, sentir e mostrar empatía por outras personas, establecer e manter relacións positivas e tomar decisións responsables) e a forma en que tales destrezas pódense aplicar en entornos dixitais e en liña". (citas extraídas do informe Promoción de un Aprendizaje Eficaz en la Era Digital)
Para máis información consúltese os seguintes enlaces: enlace ao Marco de competencias dixitais para educadores (digcompedu); enlace ao informe do Marco para as Institucións Educativas Competentes na Área Dixital (digcomporg)