Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos e materiais necesarios

Neste REA inclúense distintos recursos que serven de apoio para alumnado e profesorado:

  • Material descargable da unidade (resumo de contidos).
  • Diario de aprendizaxe (ferramenta de reflexión individual e grupal).
  • Rúbricas de avaliación.
  • Documentos en dous formatos: pdf./ jpg. ou editables para poder adaptalos á aula.
  • Para elaborar as presentacións dixitais requeridas nos retos a recomendación institucional é que  se faga uso do software libre  LibreOffice Impress, malia que tamén están dispoñibles programas como  Canva ou Prezi.
  • Selección de páxinas web que pode consultar o alumnado para elaborar unha antoloxía de textos e imaxes con tópicos literarios:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iessansimon/system/files/TOPICOS%20LITERARIOS%20E%20ARTE.%203%20ESO.pdf

https://www.meer.com/es/71673-topicos-literarios

https://iesnavarrovilloslada.educacion.navarra.es/web/adn/articulos/topicos-clasicos-en-la-musica-actual/

https://elblogdecelia234553070.wordpress.com/2019/11/17/topicos-literarios-en-canciones/

https://www.emaze.com/@aozttclow/T%C3%B3picos-literarios-en-canciones

https://littic.blogspot.com/2011/04/topicos-literarios-en-la-pintura.html

https://www.emaze.com/@aiwzqicl/T%C3%B3picos-literarios

https://topicosliterarios.wordpress.com/carpe-diem/

https://topicosliterarios.wordpress.com/locus-amoenus/

https://topicosliterarios.wordpress.com/ubi-sunt/

https://topicosliterarios.wordpress.com/arte-carpe-diem/

https://topicosliterarios.wordpress.com/arte-locus-amoenus/

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Este REA plantexa diferentes tipos de agrupamento do alumnado.

Actividades individuais
As actividades individuais están deseñadas para que cada discente desenvolva competencias específicas e consolide coñecementos teóricos. Estas tarefas permitirán ó alumnado adquirir unha base sólida que lle será de utilidade no desenvolvemento do reto. Recoméndase que estas actividades sexan realizadas de maneira autónoma, proporcionando ó alumnado o tempo suficiente para reflexionar e traballar ó seu propio ritmo.

Actividades en parella: unha forma de aprendizaxe cooperativo que propoñemos para determinadas tarefas, serve para evitar a monotonía do traballo individual e ofrécelle ó alumnado o beneficio indudable de poder mostrar dúbidas e resolver confusións mentres afondan nos contidos nun espazo de confiaza entre iguais.

Actividades grupais 
O dobre reto deste recurso consiste na elaboración duhna antoloxía dos tópicos literarios e na presentación de varios materiais nun blog.  Partindo dunha clase de 30 estudantes poderíanse formar grupos de 4-5. Esta estrutura de agrupamento permite unha colaboración efectiva e asegura que cada integrante teña a oportunidade de contribuír activamente ó proxecto. 

Criterios para a formación dos grupos:

  • Diversidade de habilidades: é recomendable que cada grupo teña unha combinación de habilidades e fortalezas, de modo que o alumnado poida complementar os coñecementos e capacidades doutras persoas que forman parte do equipo. 
  • Equilibrio de responsabilidades: deberase fomentar a equidade na distribución das tarefas, asegurando que cada quen teña responsabilidades claras e participe activamente en todas as fases do proxecto.
  • Compatibilidade de traballo: considerar as preferencias persoais e a capacidade de traballo conxunto pode mellorar a dinámica do grupo e a eficiencia no desenvolvemento do proxecto.

Dinámica de traballo en grupo:

  • Planificación conxunta: cada grupo deberá decidir o contido do seu produto final.
  • Distribución de tarefas: as tarefas deben ser asignadas de acordo coas competencias e intereses do alumnado, promovendo así a implicación e motivación de cada persoa integrante do equipo. 
  • Realización do traballo: os equipos deberán revisar o seu progreso, resolver problemas e realizar axustes necesarios no plan de traballo.
  • Reflexión e avaliación: ó final do reto, cada grupo realizará unha avaliación conxunta do traballo realizado, identificando logros, dificultades e aprendizaxes adquiridas.

Produtos finais

Os produtos finais deste REA son unha antoloxía multimedia dos textos que conteñan tópicos literarios e unha publicación dixital en forma dun blog que presente distintos contidos educativos e de entretemento. 

Enfoque multinivel do reto

Este REA propón ao alumnado a realización dun dobre reto. No primeiro terán que elaborar unha antoloxía de tópicos literarios mentres que no segundo se lles pedirá que creen un blog dixital con varias entradas. Cada reto permite tres niveis de dificultade na súa realización, para que o alumnado poida escoller opcións máis axeitadas á súa capacidade. Ámbolos dous retos están pensados para grupos de 4 integrantes.

RETO "Antoloxía dos tópicos literarios"

Nivel 1 (básico)

Elaboración dunha antoloxía multimedia que debe incluír:

  • oito textos (dous por cada integrante), escollidos a partir de preseleccións,  que inclúan os tópicos literarios;
  • identificación dos tópicos en cada texto presentado;
  • catro grabacións (un por cada integrante) nas que cada participante do grupo xustificará a súa elección a partir da súa propia experiencia biográfica e lectora.
Nivel 2 (intermedio)

  • cancións que inclúan os tópicos literarios, que deberán estar correctamente identificados
Nivel 3 (avanzado)

  • imaxes (de elaboración propia ou outras manifestacións das artes plásticas) cos tópicos correctamente identificados

RETO "Creación dun blog"

Nivel 1 (básico)

Creación dun blog coas seguintes entradas:

  • unha presentación do grupo 
  • unha presentación acerca dos tópicos literarios
  • unha antoloxía dos tópicos literarios
  • unha infografía "Como navegar con seguridade na web"
  • unha despedida

  • unha infografía "Como contrastar información"

  • unha reflexión sobre a importancia da educación ao compartirmos opinións e comentarios en internet
  • unha despedida

Feito con eXeLearning (Nova xanela)