Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica entronca cos eixes da materia "Lingua Castelá e Literatura" de 1º de ESO:

Interacción oral, escrita e audiovisual adecuadas nos distintos ámbitos e contextos e en función de diferentes propósitos comunicativos.
Fomento do hábito lector.
Fomento da interpretación de textos literarios e non literarios (académicos, sociais e propios da vida cotiá).
Fomento da apropiación dun patrimonio cultural.
Reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua, desenvolvemento da conciencia lingüística e mellora dos procesos de expresión, comprensión e recepción crítica de textos de diferentes ámbitos.
Así mesmo este recurso educativo contribúe á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real, en concreto ó ODS 3 (saúde e benestar), ó ODS5 (igualdade de xénero) e ó ODS12 (produción e consumo responsables).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

En relación coa programación didáctica de referencia publicada no Proens para a materia de "Lingua Castelá e Literatura" de 1º de ESO, este REA contextualízase nas unidades 8 "Atrapados na rede" e 9 "Hay arroyos, poetas y voces interiores". As dúas sitúanse no terceiro trimestre e pechan o curso. 

O recurso englóbase nos seguintes bloques de contidos:

Bloque 2: Comunicación: comprensión oral e escrita.
Bloque 3: Comunicación: expresión oral e escrita.
Bloque 4: Comunicación literaria.
A continuación preséntanse os contidos específicos do REA en relación cos bloques xerais da materia.

Contidos Bloque da materia
  • Contexto vinculado ás estratexias de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais de diferentes ámbitos.
  • Xéneros discursivos desde o punto de vista da comprensión e da análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Interpretación de xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Riscos de información interesada, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
  • Procesos de comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información
    relevante.
  • Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección
    de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica.
  • Recoñecemento dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Os signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque 2:  Comunicación: comprensión oral e escrita.
  • Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción de textos orais, escritos e multimodais
  • Xéneros discursivos do ámbito social: produción de textos propios das redes sociais, e dos medios de comunicación. Etiqueta dixital.
  • Procesos de produción de textos orais, escritos e multimodais.
  • Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e deixar a palabra. Cooperación coloquial e cortesía lingüística. Escoita activa, firmeza no discurso e resolución dialogada dos conflitos.
  • Produción escrita: planificación, redacción, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de apuntamentos, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos etc.
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • Uso coherente das formas verbais nos textos. Os tempos de pretérito na narración. Correlación temporal no
    discurso relatado.
  • Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Utilización dos signos básicos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
Bloque 3:  Comunicación: expresión oral e escrita.
  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de xeito progresivamente autónomo a partir dunha preselección de textos variados que inclúan obras de autoras e autores e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura apoiada en paradigmas.
  • Criterios e estratexias para a selección de obras variadas de forma orientada a partir da exploración guiada da biblioteca escolar e pública dispoñible.
  • Toma de conciencia progresiva dos propios gustos e identidade lectora.
  • Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector
  • Estratexias de toma de conciencia dos propios gustos e identidade lectora.
  • Expresión da experiencia lectora co apoio de exemplos e utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica. Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
  • Mobilización da experiencia persoal e lectora como forma de establecer vínculos entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
  • Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados ou ben oralmente entre iguais.
  • Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura xuvenil contemporánea e do patrimonio literario universal, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
  • Estratexias para a construción compartida da interpretación das obras a través das conversas literarias, coa incorporación progresiva da metalinguaxe específica.
  • Relación entre os elementos constitutivos do xénero literario e a construción do sentido da obra. Análise básica do valor dos recursos expresivos e dos seus efectos na recepción.
  • Relación e comparación dos textos lidos con outros textos e con outras manifestacións artísticas e culturais en función dos temas, tópicos, estruturas e linguaxes.
  • Expresión pautada, a través de procesos e soportes diversificados, da interpretación e valoración persoal de obras e fragmentos literarios.
  • Lectura con perspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
  • Lectura expresiva, dramatización e recitación dos textos, conforme aos procesos de comprensión, apropiación e oralidade implicados.
  • Creación de textos partindo da apropiación das convencións da linguaxe literaria e consonte a paradigmas dados (imitación, transformación, continuación etc.).
Bloque 4: Educación literaria

Este recurso céntrase especificamente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 2 Comprender e interpretar textos orais e multimodais recollendo o sentido xeral e a información máis relevante, identificando o punto de vista e a intención do emisor e valorando a súa fiabilidade, a súa forma e o seu contido, para construír coñecemento, formarse unha opinión e ampliar as posibilidades de gozo e de lecer.
OBX 3 OBX3 - Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos e participar en interaccións orais cunha actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais coma para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais.
OBX 4 Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma e avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta a necesidades e intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas.
OBX 6 Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual.
OBX 7 Seleccionar e ler de maneira autónoma obras diversas como fonte de pracer e coñecemento, configurando un itinerario lector que evolucione en canto á diversidade, complexidade e calidade das obras e compartir experiencias de lectura para construír a propia identidade lectora e gozar da dimensión social da lectura.
OBX 8 Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio nacional e universal, utilizando unha metalinguaxe  específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permiten establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria.
OBX 10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL4, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e inxeñería (STEM) STEM1, STEM4
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1. CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1. CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)