Saltar navegación

1. Descrición xeral

Protege tu intimidad

Este Recurso Educativo Aberto está deseñado para que o alumnado de 1º de ESO aprenda a xestionar a información a través da análise crítica das mensaxes aparecidas nos medios de comunicación e nas redes sociais. A situación de aprendizaxe propón a creación dunha antoloxía multimedia na que o alumnado demostre a súa capacidade de relacionar diferentes produccións artísticas polo seu contido temático e estruturas. Búscase tamén que saiban vincular as manifestacións culturais coas súas propias situacións emocionais, constatando o carácter universal dos sentimentos.

Deste xeito preténdese alcanzar as seguintes metas de aprendizaxe: 

  • Recoñecer e analizar os principais tópicos literarios en manifestacións artísticas do mundo clásico e da actualidade.
  • Elaborar unha antoloxía multimedia de tópicos literarios que inclúa textos, imaxes, arquivos sonoros e vídeos explicativos.
  • Elaborar unha presentación dixital.
  • Estimular a imaxinación a través de textos literarios e cancións.
  • Analizar os riscos da privacidade na rede e xestionar a información íntima de forma responsable.
  • Participar no recitado de textos literarios que inclúan tópicos.
  • Valorar a fiabilidade das fontes de información.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)