Saltar navegación

3.2. Recursos e solucións do REA

Recursos do REA

Recurso / Sección do REA Ligazóns aos documentos (editable e PDF)

Material descargable da unidade

Glosario. Formato editable. Formato pdf.

Contidos descargables. Formato editable. Formato pdf.

Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe. Formato editable. Formato pdf.

Nota: para os ficheiros editables, recoméndase descargalos empregando o botón dereito do rato (gardar enlace como). Estes documentos están elaborados co paquete LibreOffice.

Rúbrica para avaliar a exposición oral

Rúbrica para avaliar a exposición oral
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
FalaFala amodo e con gran claridade. (4)A maioría do tempo, fala amodo e con claridade. (3)Unhas veces fala amodo e con claridade, pero outras se acelera e enténdeselle mal. (2)Fala rápido ou detense demasiado á hora de falar. Ademais, a súa pronuncia non é boa. (1)
VocabularioUsa vocabulario apropiado para a audiencia. Aumenta o vocabulario da audiencia definindo as palabras que poderían ser novas para esta. (4)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Inclúe 1-2 palabras que poderían ser novas para a maior parte da audiencia, pero non as define. (3)Usa vocabulario apropiado para a audiencia. Non inclúe vocabulario que podería ser novo para a audiencia. (2)Usa varias (5 ou máis) palabras ou frases que non son entendidas pola audiencia. (1)
VolumeO volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia durante toda a presentación. (4)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia polo menos o 90% do tempo. (3)O volume é o suficientemente alto para ser escoitado por todos os membros da audiencia polo menos o 80% do tempo. (2)O volume con frecuencia é moi débil para ser escoitado por todos os membros da audiencia. (1)
ComprensiónO ou a estudante pode contestar con precisión case todas as preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e compañeiras de clase. (4)O ou a estudante pode contestar con precisión a maioría das preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e compañeiras de clase. (3)O ou a estudante pode contestar con precisión unhas poucas preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e compañeiras de clase. (2)O ou a estudante non pode contestar as preguntas expostas sobre o tema polos seus compañeiros e compañeiras de clase. (1)
Postura do corpo e contacto visualÁ hora de falar a postura e o xesto son moi adecuados. Mira a todos os compañeiros e compañeiras con total naturalidade. (4)A maioría do tempo a postura e o xesto son adecuados e case sempre mira aos compañeiros e compañeiras mentres fala. (3)Algunhas veces, mantén a postura e o xesto adecuados, e outras non. En ocasións mira aos seus compañeiros e compañeiras. (2)Non mantén a postura e xesto propios dunha exposición oral e, a maioría das veces, non mira os seus compañeiros e compañeiras. (1)
ContidoDemostra un completo entendemento do tema que expón. (4)Demostra un bo entendemento do tema que expón. (3)Demostra un bo entendemento de partes do tema que expón. (2)Non parece entender moi ben o tema que expón. (1)

Obra derivada (proxecto cREAgal) de . Rúbrica para avaliar a exposición oral (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Participación e colaboraciónTodos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (4)A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (3)A metade dos membros do equipo participou activamente nas tarefas propostas e colaborou axudándose entre si. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non hai habido colaboración nin axuda entre eles. (1)
Distribución das tarefasAs tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3)Só a metade das tarefas repartiuse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2)Houbo unha repartición moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1)
Integración entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4)Durante a realización da maior parte das tarefas os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas só a metade dos membros do equipo expresou libremente as súas opinións, escoitou as dos demais e logrou poñerse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas só un membro do equipo expresou a súa opinión, non hai habido diálogo e terminouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidadesTodos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte dos membros do equipo exerceron as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (3)Só a metade dos compoñentes do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

Obra derivada (proxecto cREAgal) de . Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica para avaliar o reto

Rúbrica para avaliar o reto
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Fontes de informaciónFontes moi fiables e variadas, ben documentadas e exhaustivas. (4)Fontes fiables e variadas, pero cunha pequena omisión. (3)Fontes adecuadas pero limitadas en variedade ou profundidade. (2)Non se citan fontes ou estas son pouco fiables ou inadecuadas. (1)
Representación da informaciónInformación moi ben organizada, visualmente atractiva e clara. (4)A información está clara e ben organizada. (3)A información está algo clara, pero con moito texto ou detalles que dificultan a comprensión. (2)A información non é clara e difícil de seguir. (1)
Análise dos datosAnálise profunda, ben argumentada e conectada cos datos. (4)Análise detallada e ben fundamentada. (3)A análise é correcta pero pouco detallada ou incompleta. (2)Non se realiza análise ou esta é moi superficial. (1)
ConclusiónsConclusións moi ben fundamentadas, claras e moi ben conectadas cos datos. (4)Conclusións ben fundamentadas, claras e coherentes cos datos. (3)Conclusións axeitadas, pero sen conexión clara cos datos. (2)Non se presentan conclusións ou estas son vagas e pouco fundamentadas. (1)
Terminoloxía científicaTerminoloxía científica ben utilizada en toda a ficha. (4)Utilízase terminoloxía científica correcta e axeitada. (3)Utilízase terminoloxía científica correcta, pero non totalmente equilibrada. (2)Non se utiliza terminoloxía científica ou hai importantes erros no seu uso. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar o reto (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Solucións do REA

Podes atopar as solucións ás actividades propostas no REA na seguinte ligazón.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)