Saltar navegación

1. Descrición xeral

Esas pedras preciosas

Neste REA (Recurso Educativo Aberto) estúdase a xeosfera: introdución á tectónica de placas, os minerais e as rochas.

Estudarase a estrutura interna da Terra e levarase a cabo unha introdución á Teoría da tectónica de placas. Así mismo, estudaranse os minerais, as rochas, as súas propiedades e o seu uso como recurso. Analizaranse os impactos da minería e a xestión sostible da mesma.

Este REA focaliza tamén a importancia de realizar experiencias prácticas para comprender mellor os contidos. O reto presentado ao alumnado consiste en crear un pequeno “xeoparque local”, elaborando a escala un plano da vosa vila ou cidade, ou un mapa da comarca, onde se identifiquen diferentes puntos de interese xeolóxico. Finalmente, en grupos compartirán as súas descubertas e reflexionarán sobre a importancia de coñecer os materiais e a importancia xeolóxica das distintas zonas.

Ao acadaren o reto, aprenderán a identificar e localizar os principais tipos de rochas e minerais na súa contorna.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)