Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Tomando como referencia a programación didáctica  publicada en PROENS para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, esta unidade didáctica está deseñada para realizarse na primeira avaliación, ao longo de 18 sesións.

Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe e o número de sesións previstas para cada unha delas:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
1. Primeiros pasos

1.1. Introdución ao reto

1.2. Cal é o noso reto?

O obxectivo deste reto é que o alumnado coñeza e poña en valor o patrimonio xeolóxico da súa contorna, desenvolvendo competencias de investigación, observación e representación espacial.

Ao elaborar un plano ou mapa cun xeoparque local, o alumnado aprende a identificar elementos xeolóxicos relevantes, comprende a súa orixe e importancia, e toma conciencia da necesidade de conservar e divulgar este patrimonio natural.

1 sesión
2. De que nos lembramos?

2.1. Sondaxe do terreo

O obxectivo de facer esta avaliación inicial dos coñecementos da xeosfera é identificar o nivel de comprensión que o alumnado ten sobre estes conceptos despois do seu estudo na etapa de educación primaria.

Isto vainos permitir detectar posibles carencias de coñecemento e distintos ritmos na aprendizaxe, axustar a ensinanza segundo as necesidades do grupo e garantir unha base sólida para avanzar no estudo destes temas de xeito máis profundo ao longo do REA.

2 sesións
3. Cavemos...

3.1. Planeta cambiante

3.2. Os minerais

3.3. As rochas

3.4. A explotación de minerais e rochas

Neste recurso abórdase o estudio da estrutura interna da Terra, a tectónica de placas, as rochas, os minerais e a súa explotación.

A través do coñecemento da estrutura e dinámica da Terra e da formación das rochas e minerais, o alumnado pode entender mellor como se forman os recursos xeolóxicos, os riscos naturais asociados e a importancia de xestionar de forma sostible estes materiais.

Isto permite valorar o impacto da actividade humana sobre o medio xeolóxico e tomar conciencia da necesidade de protexer e conservar o patrimonio natural para garantir un futuro sostible.

8 sesións
4. Reto conseguido!

4.1. Explorando a contorna

4.2. Mapeando os descubrimentos

4.3. Divulgando o xeoparque

O obxectivo que se pretende acadar co alumnado de 1º ESO neste reto é comprender a importancia do patrimonio xeolóxico local e desenvolver a súa capacidade para identificalo, valoralo e comunicalo de maneira clara e creativa.

A través da elaboración dun plano ou mapa a escala da súa vila ou comarca, no que se localicen puntos de interese xeolóxico (formacións rochosas, minas, paisaxes modeladas pola xeodinámica...), o alumnado aprenderá a recoñecer os elementos máis relevantes da xeosfera na súa contorna.

Este reto tamén busca fomentar o traballo en grupo, o uso de fontes científicas fiables e o respecto pola natureza, ao tempo que se promove o sentimento de identidade local e a idea de que a divulgación científica pode ser unha ferramenta útil para a protección e valorización do medio.

6 sesións
5. Conclusión

O obxectivo de facer unha conclusión ao final dun tema de hidrosfera e atmosfera a través dun mapa conceptual é axudar ao alumnado a sintetizar e organizar de forma visual os conceptos clave aprendidos.

Isto permite ver as conexións entre os distintos aspectos da xeosfera: o estudio da estrutura interna da Terra, a tectónica de placas, as rochas, os minerais e a súa explotación

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)