Esas pedras preciosas
O REA "Esas pedras preciosas" fai un referencia aos contidos referentes á xeosfera que corresponden ao curso de 1º da ESO.
A temática principal é a comprensión da estrutura e dnámica da Terra, o estudo dos distintos tipos de minerais e rochas así como a explotación sostible destes recursos.
O REA presenta cinco fases diferenciadas:
- Na fase 1, "Primeiros pasos", introdúcese o tema da xeosfera e descríbese o reto a acadar. Esta fase é motivacional e orientada a espertar a conciencia sobre a importancia de coñecer e valorar a xeoloxía da contorna.
- Na fase 2, "De que nos lembramos?", faise un repaso polos principais coñecementos abordados na educación primaria sobre a xeosfera. Preséntase unha nova sen fundamentación científica para que se decaten do común que é que esteamos expostos a este tipo de informacións e pídeselles unha reflexión sobre este feito. Así mesmo, preséntanse dúas mulleres científicas relacionadas con este REA, para poñer de manifesto a importancia da investigación científica.
- Na fase 3, "Cavemos...", introdúcense novos contidos como a estrutura e dinámica terrestre, os minerais, as rochas e a explotación de recursos naturais. Inclúense varias actividades para recapitular e profundar nos contidos e proponse unha práctica de laboratorio sobre o proceso da cristalización. Así mesmo, propóñense un total de 4 miniexperiencias de aula, para comprobar experimentalmente os contidos expostos nesta fase.
- Na fase 4, "Xeoparque local" ponse en práctica todo o aprendido a través da consecución e presentación do reto.
- Na fase 5, "Conclusión" recompilánse as principais conclusións do REA e faise un repaso e unha síntese a través dos mapas conceptuais.