Un fogar para todos!
O REA "Un fogar para todos!" fai referencia aos contidos correspondentes á diversidade dos seres vivos e a súa organización celular, pertencentes ao curso de 1ºESO.
O núcleo temático é a reflexión e valoración da biodiversidade dun espazo natural próximo, fomentando unha observación crítica e respectuosa do medio.
O REA presenta cinco fases diferenciadas:
- Na fase 1, "Mergullándote na túa contorna" proponse o reto a acadar. Con carácter motivacional, esta fase está orientada a que o alumnado valore a riqueza biolóxica da súa contorna, fomentado a observación e recoñecendo a importancia da biodiversidade, así como dar a coñecer os espazos protexidos de Galicia a través dun mapa.
- Na fase 2, "Remexendo nos miolos" realízase unha breve recapitulación dos contidos clave abordados na Educación Primaria sobre a diversidade dos seres vivos e a súa organización celular. Ademáis, introdúcese a teoría da xeración espontánea como punto de partida para o estudo dos seres vivos. Nesta etapa, tamén se analiza un boato coñecido co propósito de desmontalo. Finalmente, búscase visibilizar a contribución de dúas mulleres pioneiras no estudo da biodiversidade.
- A fase 3, "Descubrindo e aprendendo" está enfocada ao estudo das condicións que fan posible a habitabilidade no noso planeta, os diferentes reinos, a orixe e evolución dos seres vivos así como a súa organización celular. Cada un destes contidos abórdase a través de actividades interactivas e de caderno, un simulador, ademais de miniexperencias de aula e de laboratorio permitindo explorar e aprender ditos contidos.
- Na fase 4, "O reto: calendario de biodiversidade", os estudantes aplican os coñecementos adquiridos ao longo do REA mediante o deseño, elaboración e presentación dun calendario. Neste integran información sobre unha contorna próxima, destacando as súas especies representativas.
- Na fase 5, "Conclusión" recompílanse as ideas claves do REA a través dun mapa conceptual que permite sintetizar e organizar visualmente os contidos estudados, facilitando a comprensión e consolidación da aprendizaxe.