Un fogar para todos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que realizar un calendario de biodiversidade exemplificado nun espazo da súa contorna. O obxectivo é recoñecer a gran diversidade de organismos desde unha perspectiva taxonómica e evolutiva así como a importancia do noso planeta Terra como un lugar con determinadas condicións que permiten a súa habitabilidade. Así mesmo, búscase identificar a organización dos seres vivos, poñendo especial énfase tanto nas súas funcións vitais como na súa anatomía celular.