Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de BIX Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO do proxecto cREAgal para conter as 12 UD (Unidades Didácticas) recollidas da programación modelo de Proens curso 2023 – 2024 e vixente ao curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de BIX de 1º ESO respecta a temporalización por trimestre e a secuencia de UD. Ademais a proposta de emparellar cada dúas UD por REA respecta os elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Programación modelo de Proens curso 2023-2024 pdf

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Naveguemos e voemos!" UD1 Un mundo de auga
UD2 O aire da Terra
CA5.1 - CA5.2 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA5.2 - CA5.3 - CA5.5 - CA5.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
9 + 9 17 sesións do primeiro trimestre
REA 2: "Esas pedras preciosas" UD3 Os minerais e as rochas
UD4 A xeosfera
CA4.1 - CA4.2 – CA4.3 – CA4.4 - CA4.5 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA4.6 - CA4.7 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 8 18 sesións do primeiro trimestre
REA 3: "Un fogar para todos" UD5 A Terra, un planeta vivo
UD6 A diversidade dos seres vivos
CA2.1 - CA2.2 – CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 – CA3.1 - CA5.4 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA2.2 - CA3.2 – CA3.3 - CA3.4 - CA6.6 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 9  18 sesións do segundo trimestre
REA 4: "De microbios a plantas: misión científica" UD7 Bacterias, fungos e protistas
UD8 Un mundo verde: as plantas
CA2.4 - CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA2.1 - CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
8 + 9 18 sesión do segundo trimestre
REA 5: "Animais e diversos" UD9 Os animais invertebrados
UD10 Os animais vertebrados
CA2.1 - CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA1.8
CA3.2 – CA3.3 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 - CA2.1
8 + 8 18 sesións do terceiro trimestre
REA 6: "Sistemas de vida" UD11 Os ecosistemas (I)
UD12 Os ecosistemas (II)
CA6.1 – CA6.2 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 – CA1.8
CA5.5 - CA6.3 – CA6.4 – CA6.5 – CA6.6 – CA6.7 - CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.4 - CA1.5 - CA1.6 - CA1.7 – CA1.8
8 + 8 16 sesións do terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta guía didáctica enmárcase nos seguintes bloques temáticos de "Bioloxía e Xeoloxía" de 1ºESO:

  • O bloque 1 "Proxecto científico" introduce o alumnado no pensamento e métodos científicos: a formulación de preguntas e hipóteses, a observación, o deseño e a realización de experimentos, a análise e a comunicación de resultados.
  • O bloque 2 "a célula" onde se aborda o estudo da célula como unidade fundamental de todos os seres vivos, as súas partes e introdúecese a identificación dos virus como entidades biolóxicas acelulares. Ademais, este bloque inclúe as técnicas de manexo do microscopio e o recoñecemento de  células en preparacións reais.
  • O estudo das características e grupos taxonómicos máis importantes dos cinco reinos de seres vivos, así como a identificación de exemplares da contorna, corresponde ao bloque 3 " Os seres vivos" que introduce a evolución, co fin de que o alumnado perciba os seres vivos como organismos cambiantes e non estáticos.

Así mesmo, este REA pretende contribuir a acadar obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Un destes obxectivos, o ODS 15, céntrase en protexer a vida na Terra, detendo a perda de biodiversidade e conservando os ecosistemas. Para logralo, é fundamental coidar os bosques, ríos, mares e todos os espazos naturais onde viven os diferentes organismos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Contidos Bloque da materia

Estratexias para a elaboración do proxecto científico:

  • Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.
  • Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).
  • Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica.
  • Métodos de observación e de toma de datos de fenómenos naturais.
  • Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.
  • A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada
  • Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.
  • Modelado como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza.

O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias biolóxicas e xeolóxicas e importancia social. O papel da muller na ciencia.

Bloque 1
  • Concepto de ser vivo.
  • A célula, unidade estrutural e funcional dos seres vivos.
  • Estrutura básica da célula. Tipos de células: procariotas e eucariotas.
  • Funcións vitais:
    - Nutrición: autotrofa e heterotrofa. A fotosíntese.
    - Relación.
    - Reprodución: sexual e asexual.
  • Observacion e comparación de tipos de células ao microscopio e outros medios (vídeos, fotografías...) mediante distintas estratexias e destrezas.
  • Formas acelulares: os virus
Bloque 2
  • A biosfera. Características que fan da Terra un planeta habitable.
  • Diferenciacion e clasificación dos reino monera, protoctista, fungi, vexetal e animal.
  • Os principais grupos taxonómicos: observación de especies da contorna e clasificación a partir das súas
    características distintivas
  • As especies da contorna: estratexias de identificación (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, visu...).
  • Estratexias de recoñecemento das especies máis comúns dos ecosistemas da contorna (guías, claves dicotómicas, ferramentas dixitais, vísu...).
  • O proceso evolutivo. Introdución aos conceptos da selección natural e as adaptacións ao medio.
Bloque 3

Obxectivos Descrición
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX2 Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
 OBX3 Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL. Competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3 e CCL5
CP. Competencia plurilingüe CP1
STEM. Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM2, STEM3, STEM4
CD. Competencia dixital CD1, CD2, CD3, CD4, CD5
CPSAA. Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA3, CPSAA4
CE. Competencia emprendedora CE3
CCEC. Competencia en conciencia e expresión culturais CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)