Temporalización do REA
Tomando como referencia a programación didáctica publicada en PROENS para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, esta unidade didáctica está deseñada para realizarse na primeira avaliación, ao longo de 18 sesións.
Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe e o número de sesións previstas para cada unha delas:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1: Mergullándote na túa contorna |
1.1. O noso reto 1.2. Explora |
Esta primeira fase ten como obxectivo presentar ao alumnado un reto: a elaboración dun calendario da biodiversidade baseado nunha contorna próxima. A través deste desafío, búscase que o alumnado valore a biodiversidade dun espazo natural próximo. Ademais, serve como un punto de partida para fomentar a conciencia sobre a importancia de protexer os seres vivos e promover un uso sostible dos ecosistemas. |
1 sesión |
| 2. Remexendo nos miolos |
2.1. Científicas con sona 2.2. Pero... ti que dis? |
O obxectivo desta fase é por un lado a avaliación inicial dos coñecementos sobre os seres vivos é identificar o nivel de comprensión que o alumnado ten sobre estes conceptos despois do seu estudo na etapa de educación primaria. Por outra banda tamén preténdese dar a coñecer as dúas mulleres pioneiras no estudo da biodiversidade e desmentir un bulo relacionado cos contidos deste REA. |
2 sesións |
| 3. Descubrindo e aprendendo |
3.1. Que fai posible que esteamos aquí? 3.2. Poñendo orde na biodiversidade 3.3. E ti, de quen ves sendo? 3.4. Ser ou non ser 3.5. Recapitula e afonda |
Esta fase ten como obxectivo o estudo dos reinos desde unha perspectiva taxonómica e evolutiva, así como a organización dos seres vivos. A través desta análise, búscase que o alumnado comprenda e interiorice tanto a diversidade como a uniformidade dos seres vivos, recoñecendo os patróns que rexen a clasificación biolóxica. Ademais, esta etapa permitirá establecer conexións entre a evolución dos organismos e a súa adaptación á contorna, fomentando unha visión global sobre a biodiversidade e a importancia de conservala. |
9 sesións |
| 4. O resto: calendario da biodiversidade |
4.1. Tomando decisións 4.2. Traballando no calendario 4.3. Posta de longo |
O obxectivo deste reto para o alumnado de 1º de ESO é fomentar a toma de conciencia sobre a biodiversidade nunha contorna próxima. A través desta iniciativa, búscase que os estudantes se convertan en defensores do medio ambiente, promovendo propostas de acción na súa contorna que contribúan a un uso máis sostible do ecosistema. |
6 sesións |
| 5. Conclusión | O obxectivo desta conclusión é recapitular e sintetizar os contidos mediante un mapa conceptual que facilite a visualización das ideas clave estudadas. Isto permite identificar as conexións e interrelacións entre os distintos aspectos da biodiversidade, como as condicións que fan posible a vida na Terra, a súa clasificación, orixe, evolución e organización. | 1 sesión |