Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

[[Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens)]]

Códigos CA Criterios de avaliación (CA)  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación

Unidade didáctica (Proens)

% (Orientación de Proens)
CA1.1  CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos
biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información
obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.
Analizar e explicar conceptos e procesos
biolóxicos e xeolóxicos.
TI 5 e 6 5
CA1.2 CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía
localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente.
Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. TI 5 e 6 5
CA1.3 CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar
realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou
xeolóxicos que poidan ser respondidas ou
contrastadas utilizando métodos científicos.
Expor preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas utilizando métodos científicos. TI 5 e 6 5
CA1.4 CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas
biolóxicos e xeolóxicos con base científica
distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Recoñecer a información sobre temas
biolóxicos e xeolóxicos con base científica.
TI 5 e 6 5
CA1.5 CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a
toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e
xeolóxicos de modo que permitan responder
preguntas concretas e contrastar unha hipótese
exposta.
Deseñar e realizar a experimentación, a
toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e
xeolóxicos.
TI 5 e 6 5
CA1.6 CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas
dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da
observación de campo.
Presentar as conclusións do proxecto deinvestigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas. TI 5 e 6 5
CA1.7 CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico
asumindo responsablemente unha función concreta,
respectando a diversidade e a igualdade de xénero e
favorecendo a inclusión.
Cooperar dentro dun proxecto científico
respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.
TI 5 e 6 5
CA1.8 CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura,
destacando e recoñecendo o papel das mulleres
científicas e entendendo a investigación como un
labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
Valorar a contribución da ciencia á
sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela.
TI 5 e 6 5
CA2.1 CA2.1 - Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando
a terminoloxía e os formatos adecuados.
Facilitar a comprensión e a análise de información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos. PE 5 e 6 5
CA2.2 CA2.2 - Recoñecer que os seres vivos están
constituídos por células indicando as características que os diferencian da materia inerte.
Recoñecer que os seres vivos están
constituídos por células.
PE 5 e 6 5
CA2.3 CA2.3 - Describir a célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos identificando as súas estruturas básicas e recoñecendo as súas funcións vitais. Describir a célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos recoñecendo as súas funcións vitais. PE 5 e 6 5
CA2.4 CA2.4 - Identificar as estruturas básicas dos
diferentes tipos de células empregando distintas estratexias de observación e comparación.
Identificar as estruturas básicas dos
diferentes tipos de células.
PE 5 e 6 5
CA2.5 CA2.5 - Identificar os virus como entidades biolóxicas acelulares. Identificar os virus como entidades
biolóxicas acelulares.
PE 5 e 6 5
CA3.1 CA3.1 - Explicar as características que fan que a Terra sexa un planeta habitable. Citar as características que fan que a
Terra sexa un planeta habitable.
PE 5 e 6 5
CA3.2 CA3.2 - Recoñecer os criterios que serven para
clasificar os seres vivos identificando as principais categorías taxonómicas ás que pertencen os animais e as plantas máis comúns.
Recoñecer os criterios que serven para
clasificar os seres vivos.
PE 5 e 6 5
CA3.3 CA3.3 - Describir as características xerais dos
grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a clasificación de seres vivos.
Describir as características xerais dos
grandes grupos de seres vivos.
PE 5 e 6 5
CA3.4 CA3.4 - Comprender o proceso evolutivo localizando e analizando algúns exemplos de adaptacións dos seres vivos. Comprender o proceso evolutivo. PE 5 e 6 5
CA5.4 CA5.4 - Analizar as funcións da hidrosfera e o seu papel esencial para a vida na Terra reflexionando sobre a importancia do ciclo da auga. Identificar a importancia da auga para a vida PE 5 e 6 5
CA6.6 CA6.6 - Relacionar con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida. Relacionar a preservación da
biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida.
PE 5 e 6 10
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

Na seguinte táboa, concrétanse as actividades e o reto deseñado no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación aplicado:

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1. Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.

Reto

1.2. Explora

TI

Lista de cotexo do reto

Rúbrica do reto

CA1.3.Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.

3.1. O sol tormentoso

3.4. A crear!

Actividades recapitula e afonda

TI

Lista de cotexo do reto

Rúbrica do reto

CA1.4. Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes. 2.2. Pero... ti que dis?

TI

Diario de aprendizaxe

CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.

Reto

Miniexperiencias

Actividades grupais

TI

Lista de cotexo do reto

Rúbrica do reto

CA1.6. Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo. Reto

Lista de cotexo do reto

Rúbrica do reto

Diario de aprendizaxe

CA1.8. Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.

2.1. Científicas con sona

TI

Diario de aprendizaxe

CA3.3 - Describir as características xerais dos
grandes grupos de seres vivos utilizando as claves para a identificación e a clasificación de seres vivos.
Realización de proba escrita de contidos PE
CA3.4 - Comprender o proceso evolutivo localizando e analizando algúns exemplos de adaptacións dos seres vivos. Realización de proba escrita de contidos PE
CA6.6 - Relacionar con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida. Realización de proba escrita de contidos PE

Feito con eXeLearning (Nova xanela)