Temporalización do REA
Tomando como referencia a programación didáctica publicada en PROENS para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, - segundo o currículo publicado na orde do 26 de maio do 2023, DOGA do 13 de xuño-, esta unidade didáctica está deseñada para realizarse ao longo de 16 sesións.
Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe e o número de sesións previstas para cada unha delas:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
| 1. Sistemas de vida |
1.1. Tres C: coñezo, coido e conservo 1.2. Organicemos un ECOcongreso |
Deséñase esta situación de aprendizaxe coa finalidade principal de desenvolver as competencias clave, a través dos contidos relativos a esta unidade. Paralelamente, preténdese que o alumnado estea inmerso nun contexto motivador e cercano a súa realidade, e para iso, deséñase un reto, que incite a adquisición dos contidos necesarios para chegar a realizalo. Presentar este reto: organizar e levar a cabo un congreso científico, un Ecocongreso. Elaborarase documentación e tamén presentacións para as intervencións e, unha vez finalizado o Ecocongreso, divulgaranse unhas conclusións en forma de medidas e hábitos saudables para a Ecosfera e para todos os seres vivos que a habitan. |
1 sesión |
| 2. Activa o que sabes |
2.1. Convivimos co non vivo 2.2. Non somos un ser vivo mais
|
Activación de contidos previos: a Terra como un sistema formado por subsistemas terrestres que interaccionan entre si, relacionando as interaccións co equilibrio e conservación dos ecosistemas. Farase tamén un breve percorrido pola historia das relacións entre o ser humano e os ecosistemas co obxectivo de chegar á situación actual de insostibilidade. Poderemos detectar o nivel, as carencias, e as dificultades na adquisición destes coñecementos, que, son base para poder abordar a seguinte fase. |
2 sesións |
|
2.3. Mulleres con sona |
Presentación de mulleres importantes no mundo da ecoloxía e traballo de reflexión sobre os impactos das nosas accións cotiás. |
1 sesión | |
|
2.4. Ti que dis! |
Investigación sobre unha falsa crenza. Preténdense crear conflitos cognitivos, para afianzar a construción dos coñecementos científicos, e, con eles, valorar a realidade próxima. |
1 sesión | |
| 3. Coñece os ecosistemas |
3.1. Diversos e sostibles 3.2. Alterados e insostibles 3.3. Coñecemos os remedios 3.4. Comproba o que aprendiches |
Afondamento nas características xerais dos ecosistemas así como na súa diversidade e dinámica. Todo isto acompañado de diferentes actividades multinivel. O coñecemento da diversidade dos ecosistemas e a importancia da súa dinámica de equilibrio natural permitirá afondar na importancia de incorporar nas nosas vidas cotiás os remedios para evitar o seu deterioroe camiñar cara a súa conservación; é dicir, construír, facer algo para axudar á ecosfera a manterse sostible con nós e tamén divulgar e dar a coñecer os hábitos medioambientais saudables e a importancia da educación ambiental.
|
5 sesións |
| 4. ECOcongreso |
4.1. ECOgrupos 4.2. Documentación e organización 4.3. ECOcongreso 4.4. ECOconclusións, ECOmanifesto e ECOlibro |
Desenvolvemento do reto: actividade grupal estruturada en catro fases: creación dos grupos de investigación, elaboración de documentación e organización do desenvolvemento, celebración do ECOcongreso e, por último, Ecoconclusións, ECOmanifesto e ECOlibro. Actividade grupal, con moita compoñente motivacional. Pretende ser a consolidadora dos novos contidos adquiridos nas fases anteriores, e en sí mesma, unha tarefa que incremente a concienciación e sensibilización fronte a importancia da conservación dos ecosistemas e o respecto ao medio natural. |
5 sesións |
| 5. Conclusións e compromisos coa ecosfera |
Nesta última fase ten lugar a presentación das conclusións e compromisos derivados da organización e celebración do ECOcongreso. Culmina así o proceso de investigación, adquisición e consolidación dos contidos realizado polo alumnado ao longo desta unidade. Pero non podemos esquecer todos os procesos cognitivos de contraste/refutación de hipóteses aos que foron expostos, baixo un prisma científico. Estas situacións de aprendizaxe, convírtense pois, en potenciadores das competencias clave, obxectivo primordial. |
1 sesión |