Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos cunha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas. | Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información de distintas fontes e citándoas correctamente. | Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos. | Expor preguntas e hipóteses que poidan ser respondidas utilizando métodos científicos. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes. | Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta. | Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas, interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo. |
Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante o formato e as ferramentas dixitais adecuadas. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. | Cooperar dentro dun proxecto científico respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución. | Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela. | TI | 11 e 12 | 0,5 |
| CA5.5 - Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e a atmosfera debidos á acción humana relacionándoos coas súas causas e consecuencias no medio. |
Recoñecer os impactos ambientais sobre a hidrosfera e atmosfera | PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.1 - Coñecer os compoñentes dun ecosistema establecendo as relacións existentes entre eles. | Coñecer os compoñentes dun ecosistema. | PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.2 - Explicar as características xerais dos principais ecosistemas terrestres e acuáticos facendo unha especial referencia aos ecosistemas galegos. | Explicar as características xerais dos principais ecosistemas terrestres e acuáticos. |
PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.3 - Identificar nun ecosistema os factores desencadeantes de desequilibrios indicando estratexias para restablecelos e difundindo accións que favorezan a conservación medioambiental. |
Identificar nun ecosistema os factores desencadeantes de desequilibrios. |
PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.4 - Analizar criticamente a solución a un problema ambiental relacionándoo con fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. | Analizar criticamente a solución a un problema ambiental. | PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.5 - Recoñecer a información con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas etc. e mantendo unha actitude escéptica ante estes. |
Recoñecer a información con base científica. |
PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.6 - Relacionar con fundamentos científicos a preservación da biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida. | Relacionar a preservación da biodiversidade, a conservación do medio ambiente, a protección dos seres vivos da contorna, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida. |
PE | 11 e 12 | 7,5 |
| CA6.7 - Propoñer e adoptar hábitos sostibles analizando dunha maneira crítica as actividades propias e alleas a partir dos propios razoamentos, dos coñecementos adquiridos e da información dispoñible. | Propoñer e adoptar hábitos sostibles. | PE | 11 e 12 | 7,5 |
|
Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación). PE: Proba escrita. TI: Táboa de indicadores. |
||||