Enfoque do REA
Este REA está enfocado a desenvolverse en 11 sesións dentro da aula ordinaria onde se imparta a área de Educación Plástica e Visual de cada centro. O proxecto busca adaptarse a calquera contexto educativo utilizando como fío condutor ao artista Andy Warhol, cuxa estética e técnicas impregnarán todas as creacións do alumnado. Neste proceso, cobra especial importancia a decoración do centro na conmemoración do Día das Letras Galegas, e a colaboración co xornal escolar.
O alumnado realizará producións propias, tanto plásticas como tecnolóxicas, integrando así os catro bloques de contidos nos que se divide a área. O traballo en equipo será fundamental para poder levar a cabo as actividades con éxito e alcanzar os obxectivos propostos.