Temporalización do REA
Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 11 sesións, nunha procura de equilibro entre as sesións na aula ordinaria para a presentación do REA, tarefas de investigación e creación de produtos.
Na seguinte táboa relaciónanse as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo a desenvolver nas diferentes seccións de cada fase.
| Fase | Seccións | Descrición do traballo a desenvolver | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
FASE 1 |
1. Preparámonos 1.1. Un reto ao estilo Warhol 1.2. Que conseguiremos 1.3. Como faremos 1.4. Os equipos artísticos 1.5. Diario de aprendizaxe |
Presentación do proxecto. Metas do reto. Formación de equipos. |
Sesión 1 (Aula ordinaria) |
|
FASE 2 |
2. Inspirámonos 2.1. En equipo 2.2. Agora ti 2.3. Diario de aprendizaxe |
Actividades para reflexionar sobre unha feira artística, Warhol e a cultura Pop en grupo. Actividades e xogos para reflexionar individualmente e en equipo. |
Sesión 1 (Aula ordinaria) |
|
FASE 3 |
3. Dámoslle forma 3.1. Xeometría ao estilo Warhol 3.2. Cacholas á galega 3.3. Arte de píxel 3.4. Warhol á galega 3.5. Antes de rematar 3.6. Diario de aprendizaxe |
Posta en práctica de técnicas propias do estilo Arte Pop, empregadas por Andy Warhol: repetición de cores, elementos cotiáns... para decorar o centro polo Día das Letras Galegas. Iníciase ao alumnado no emprego do debuxo xeométrico ao traballar con ferramentas básicas de debuxo técnico para debuxar con liñas, simetrías, movementos nos planos... Trabállase coa ilustración no ordenador, polo que se incidirá no uso das imaxes respectando as súas licenzas para crear carteis e credenciais da feira artística. |
Sesión 2 (Aula ordinaria) Sesións 3 e 4 (Aula ordinaria) Sesións 5 e 6 (Aula ordinaria) Sesións 7 e 8 (Aula ordinaria) |
| FASE 4 |
4. EUREKA! 4.1. Preparadas e preparados? 4.2 Listas e listos? Xa! 4.3. Diario de aprendizaxe |
Montaxe en grupo do reto final. Presentación do produto creado (feira artística) ao resto do centro. |
Sesión 9 (Aula ordinaria) Sesión 10 (aula multisensorial ou outra a escoller para desenvolver a instalación) |
| FASE 5 |
5. Verificamos 5.1. Que aprendiches? 5.2. A miña aprendizaxe 5.3. O traballo en equipo 5.4. Cápsula do tempo 5.5. Diario de aprendizaxe |
Valoración do proxecto |
Sesión 11 (Aula ordinaria) |