Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación plástica e Visual desencadea mecanismos que permiten desenvolver distintas capacidades que inflúen directamente na formación integral do alumnado, tanto de xeito individual coma grupal. Esta área asenta as bases para que o alumnado poida desenvolver nas mellores condicións as competencias artísticas.

A área ten unha dobre dimensión: reflexiva e creativa. Tamén favorece a experimentación, a expresión e a produción artística. 

Neste REA o alumnado explorará as diversas linguaxes, artes e disciplinas, así como as distintas técnicas plásticas, visuais e audiovisuais para a creación das súas propias propostas.

A educación plástica e visual debe tratarse baixo a perspectiva de xénero, polo que cómpre incorporar e normalizar tamén a contribución das mulleres á evolución das artes plásticas e visuais, historicamente esquecida. Deste xeito, favorecerase que o alumnado desenvolva as competencias que lle permitan acadar unha visión igualitaria da sociedade.

Esta situación de aprendizaxe conecta cos seguintes ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible):

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 12. Produción e consumo responsable.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta SA relacionase directamente coas unidades didácticas número 3 e 4 correspondente á programación modelo de 5º de Primaria proposta para a área de Educación Plástica e Visual no aplicativo Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos recollidos nestas unidades en Proens, traballados dentro do recurso: 

Contidos Bloque da materia
  • Estratexias de recepción activa.
  • Cultura visual. A imaxe no mundo actual: técnicas e estratexias de lectura, análise e interpretación da intención comunicativa. Valoración desde unha perspectiva de xénero.
  • Afondamento no ensino técnico do debuxo. Introdución á comprensión da xeometría a partir da liña recta. Posibilidades expresivas e comunicativas.
  • Materiais, instrumentos, soportes e técnicas de maior uso na expresión plástica e visual.
  • Vocabulario específico nas artes plásticas e visuais.
  • Recursos dixitais de uso común para as artes plásticas e visuais.
  • Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
  • Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas plásticas e visuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 1
  • Representación, de forma persoal, de ideas, accións e situacións valéndose dos elementos que configuran a linguaxe visual.
  • Experimentación e expresión a través de medios, soportes e materiais de expresión plástica e visual, incluídos os formatos artísticos contemporáneos. Elaboración de imaxes novas a partir dos coñecementos adquiridos. Técnicas bidimensionais e tridimensional.
  • Iniciación ao debuxo xeométrico. Verbalización da intención expresiva. Terminoloxía básica específica da área.
  • Avaliación, interese e valoración, tanto do proceso coma do produto final, en producións plásticas e visuais.
  • Utilización de técnicas, materiais e recursos informáticos e tecnolóxicos: a súa aplicación para a captura, creación, manipulación e difusión de producións plásticas e visuais.
  • Aproximación ao uso responsable de bancos de imaxes e sons. Coñecemento e respecto polas licenzas de uso e distribución de contidos xerados por outros.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas plásticas e visuais.
  • Fases do proceso creativo: planificación, interpretación, experimentación e avaliación. Equilibrio e axuste entre deseño, proceso e produto.
Bloque 2
  • Propostas audiovisuais elementais. O cinema: orixe e evolución. Espazos culturais e artísticos do ámbito audiovisual. Comunicación e valoración do contido informativo que as imaxes proporcionan, desde unha perspectiva de xénero.
  • Estratexias de procura, filtrado e valoración.
  • Vocabulario específico nas artes audiovisuais.
  • Recursos dixitais de uso común para as artes audiovisuais.
  • Propostas artísticas de diferentes correntes estéticas, procedencias e épocas producidas por creadoras e creadores locais, rexionais, nacionais e internacionais.
  • Estratexias básicas de análises de propostas artísticas desde unha perspectiva de xénero.
  • Normas de comportamento e actitude positiva na recepción de propostas cinematográficas e audiovisuais en diferentes espazos culturais e artísticos. O silencio como elemento e condición indispensable para manter a atención durante a recepción.
Bloque 3
  • Rexistro e edición de elementos audiovisuais (imaxe e audio): conceptos, tecnoloxías, técnicas e recursos elementais de manexo sinxelo.
  • Estratexias e técnicas de composición de historias sinxelas, de maneira individual e grupal, con intención comunicativa e expresiva, para ser recreadas, narradas e gravadas.
  • Características da linguaxe audiovisual multimodal.
  • Aproximación ás ferramentas e ás técnicas básicas de animación.
  • Creación, experimentación e difusión de mensaxes audiovisuais: procesos técnicos, respecto á integridade das persoas e aos dereitos de autor.
  • Normas elementais de comportamento e actitude positiva na creación e interpretación de propostas culturais e artísticas.
Bloque 4

Os obxectivos da materia recollidos nestas unidades en Proens que se traballan neste REA son os que seguen: 

Obxectivos Descrición
OBX 1 Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade.
OBX 2 Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX 3 Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX 4
Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente recollidos nestas unidades en Proens e que son traballadas neste recurso. 

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) 1 e 3
Competencia dixital (CD) 1 e 2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 3 e 5
Competencia cidadá (CC) 1, 2 e 3
Competencia emprendedora (CE) 1, 2 e 3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) 1, 2, 3 e 4
Competencia plurilingüe (CP) 1 e 3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1, 2, e 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)