Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA é un dos 8 que cobren integramente o currículo da materia de Matemáticas de 5º de EP.

A referencia para a súa elaboración foi o modelo de programación didáctica de Proens (versión 2 do 01/07/2024).

As 9 unidades didácticas deste modelo foron redistribuídas segundo a táboa que está a continuación.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "¿Cuánto cuesta una casa?" 1. Canto custa unha casa? CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA4.9, CA6.4. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 2: "Enredando por el mercado" 2. Enredando no mercado CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.3, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6. 12 % 20 sesións do 1º trimestre
REA 3: "La gran aventura decimal" 3. A gran aventura decimal. Programando unha excursión CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8. 12 % 14 sesións do 1º trimestre
REA 4: "Un viaje matemático por el reino animal"

4. Unha viaxe matemática polo mundo animal.

5. Descifrando os animais

CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.9, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8,

CA3.2, CA3.4, CA3.8 (*adiados ao REA 7)

CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.7, CA4.9, CA6.2, CA6.3, CA6.6.

12 %

12 %

14 sesións do 2º trimestre

12 sesións do 2º trimestre

REA 5: "A la caza de figuras geométricas" 6. Á caza das figuras xeométricas

CA1.1, CA1.2, CA1.9, CA2.1, CA2.3, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.5, CA4.8, CA6.4, CA6.5, CA6.7.

10 % 15 sesións do 2º trimestre
REA 6: "A vista de pájaro" 7. A vista de paxaro

CA1.3, CA1.4, CA1.6, CA1.8, CA2.5, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.5, CA3.8, CA4.3, CA4.6, CA4.9.

10 % 16 sesións do 3º trimestre
REA 7: "Tengo una idea..." 8. Teño unha idea

CA1.1, CA1.5, CA1.9, CA2.7, CA3.2, CA3.3, CA3.6, CA3.7, CA3.4, CA3.8 (**)

CA4.1, CA4.4, CA6.3, CA6.4, CA6.5.

10 % 13 sesións do 3º trimestre
REA 8: "Al mal tiempo... buenos datos" 9. A mal tempo... bos datos! CA1.3, CA4.5, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.6. 10 % 16 sesións do 3º trimestre

 (*) Os CA correspondentes ao bloque 3 adíanse do REA 4 ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

 (**) CA3.4, CA3.8 Foron eliminados do REA 4 e engadidos ao REA 7, polo que é preciso facer unha modificación destas porcentaxes, segundo estime o docente na súa programación, por exemplo, facendo un reparto proporcional nos demais CA.

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Matemáticas" de 5º de EP:

  • Tomar como punto de partida contextos reais e próximos ao alumnado, empregando tarefas de modelización e exemplos significativos para dar sentido aos contidos.
  • Impulsar a resolución de problemas dándolle un papel central, funcionando como estratexia de aprendizaxe, e non só como obxectivo final.
  • Favorecer o razoamento, a creatividade e a autoestima mediante o pensamento computacional, ligado ao matemático, facilitando a resolución progresiva de situacións complexas.
  • Promover o traballo en equipo como ferramenta para mellorar a motivación, a autonomía e as habilidades sociais.
  • Aplicar metodoloxías diversas, con materiais manipulativos e tecnolóxicos, adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
  • Incorporar unha perspectiva socioemocional e transversal que fomente a igualdade, o pensamento crítico e a educación en valores.
  • Utilizar a avaliación continua como instrumento para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, detectando dificultades e garantindo a atención á diversidade.

Ademais, relaciónase esta situación de aprendizaxe cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  1. ODS 4  Educación de calidade.
       A actividade busca mellorar a calidade da educación ao promover un enfoque práctico e inmersivo para a aprendizaxe dos números naturais e enteiros.
  2. ODS 17  Alianzas para obxectivos.
       A colaboración entre os estudantes para resolver desafíos e compartir estratexias fomenta unha cultura de traballo en equipo e colaboración, aliñándose co ODS 17.

Ao conectar estes eixes da materia cos obxectivos de desenvolvemento sostible, búscase un enfoque educativo integral que non só promove o dominio dos conceptos matemáticos, senón tamén a súa aplicación en contextos relevantes e socialmente responsables.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 5º de EP, correspóndese á unidade didáctica 1.

Máis concretamente, trabállanse os seguintes contidos.

Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Contaxe

    • C1.1.1 - Estratexias para contar e recontar sistematicamente e a súa adaptación do cálculo ao tamaño dos números a partir da manipulación e representación en situacións variadas e cotiás con cantidades ata o 999.999 con explicación, comparación e reflexión sobre as estratexias e os procesos seguidos.

    • C1.1.2 - Realización de series ascendentes e descendentes como elemento facilitador do cálculo mental e aceptación do erro como unha oportunidade de aprendizaxe.

  • C1.2 - Cantidade

    • C1.2.1 - Lectura, escritura, ordenación e representación con materiais manipulativos e a recta numérica de números naturais ata o 999.999 e decimais ata as centésimas.

    • C1.2.3 - Identificación, lectura, escritura, ordenación e representación de números enteiros en textos e contextos familiares e habituais.

    • C1.2.4 - Composición, descomposición e recomposición manipulativa, gráfica e simbólica de números naturais ata 999.999 e decimais ata as centésimas investigando propiedades e relacións, con explicación do proceso e interpretación do valor posicional das cifras.

    • C1.2.5 - Estimacións, aproximacións razoadas e redondeo de cantidades con números ata o 999.999 e decimais (ata as centésimas) en problemas cotiáns resoltos con estratexias diversas, descrición da idoneidade das solucións e aceptación do erro como parte do proceso de mellora.

  • C1.3 - Sentido das operacións

    • C1.3.1 - Estratexias de cálculo mental para resolver operacións con números naturais, fraccións e decimais en situacións habituais e significativas, explicación das estratexias e os procesos seguidos, aceptación dos erros como unha oportunidade para a aprendizaxe e como recurso para evitar a frustración.

    • C1.3.2 - Resolución de problemas contextualizados que impliquen a comprensión da utilidade das operacións aritméticas con números naturais, decimais e fraccións e o seu uso con flexibilidade e sentido, seguindo os procesos adecuados.

    • C1.3.3 - Procesos na resolución de problemas: interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, formulación de hipótese de resolución e proposta de plan, contraste de puntos de vista, simbolización, elaboración, expresión da solución de forma clara, ordenada e coas unidades correctas, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos con explicitación do proceso seguido.

    • C1.3.4 - Resolución de problemas contextualizados con operacións aritméticas combinadas (con números naturais, decimais e fraccións) con atención á súa xerarquía, aplicando as súas propiedades, as estratexias con flexibilidade e sentido e os procedementos de cálculo mental, estimacións, algoritmos ou calculadora que se precisen segundo a natureza do cálculo e a súa complexidade.

    • C1.3.5 - Creación e formulación de problemas que se resolvan mediante operacións aritméticas (con números naturais, fraccións e decimais) baseados en situacións familiares e cotiás que permitan establecer conexións con experiencias propias.

  • C1.4 - Relacións
    • C1.4.1 - Sistema de numeración de base dez para a súa aplicación na comprensión do valor posicional das cifras dos números (naturais ata o 999 999 e decimais ata a centésima) e as súas equivalencias; aplicación nas relacións que xera nas operacións.
    • C1.4.2 - Comparación e ordenación de números naturais, decimais e fraccións con igual denominador como solución de problemas de situacións cotiás, con interpretación e expresión do resultado exacto ou estimado da comparación e uso adecuado da simboloxía das relacións numéricas.
    • C1.4.3 - Estratexias manipulativas e gráficas para establecer relacións entre as operacións aritméticas de suma e multiplicación, suma e resta, resta e división, multiplicación e división, fracción e división; aplicación en contextos cotiáns.
    • C1.4.4 - Construción manipulativa e gráfica con pezas de construción, regras, cuadrículas, tramas de puntos¿ de múltiplos e divisores para investigar a relación de divisibilidade. Utilización da táboa de multiplicar para identificar múltiplos e divisores e a relación entre eles.
Bloque 1. Sentido numérico
  • C4.3 - Relacións e funcións
    • C4.3.1 - Comparación de números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, >).
    • C4.3.2 - Obtención de datos sinxelos descoñecidos representados por medio dun símbolo ou completado de datos en relacións de igualdade en xogos e retos matemáticos, con persistencia na obtención, contraste e comprobación de que o dato obtido é correcto.
    • C4.4 - Pensamento computacional
    • C4.4.1 - Estratexias para a interpretación, modificación e creación de algoritmos sinxelos relacionados co contexto cotián e o xogo nas regras de xogos, instrucións secuenciais, bucles, patróns repetitivos, representacións computacionais.
Bloque 4. Sentido alxébrico e pensamento computacional 
  • C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións
    • C6.1.1 - Autorregulación das emocións que poidan facilitar ou prexudicar a aprendizaxe das matemáticas.
    • C6.1.8 - Estratexias persoais para a presentación limpa, clara e ordenada do traballo matemático que permita revisar, adaptar ou cambiar o sistema utilizado, rectificar o proceso ou algunha das súas fases e compartir comprensiblemente o realizado.
  • C6.2 - Traballo en equipo, inclusión, respecto e diversidade
    • C6.2.1 - Expresión de actitudes empáticas inclusivas e non discriminatorias durante a realización das tarefas matemáticas en equipo, mostrando actitudes de comprensión das emocións e experiencias das demais persoas e de sensibilidade e respecto pola diversidade presente na aula.
    • C6.2.2 - Os equipos colaborativos e cooperativos heteroxéneos, mixtos e diversos para clarificar tarefas, debater propostas, chegar a acordos, contrastar opcións, revisar e analizar producións: escoita e participación activa e empática, responsabilidade e exixibilidade individual, interdependencia positiva, respecto polas contribucións de todas as persoas membros do equipo: estratexias e dinámicas cooperativas.
    • C6.2.3 - Estratexias de planificación, control e organización do traballo en equipo para xestionar o tempo, a realización de tarefas, o establecemento de obxectivos de equipo, a repartición equitativa e rotatoria de roles en interacción simultánea, a avaliación do funcionamento do equipo e a xestión de conflitos.
Bloque 6. Sentido socioemocional

Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación,para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrita, gráfica, multimodal e a terminoloxía matemática apropiadas, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL). 1-3-5
Competencia plurilingüe (CP) 3
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) 1-2-3-4-5
Competencia dixital (CD) 1-2-3-5
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) 1-3-4-5
Competencia cidadá (CC) 2-3
Competencia emprendedora (CE) 1-2-3
Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) 4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)