¿Cuánto cuesta una casa?
Este é un Recurso Educativo Aberto (REA) deseñado co fin de achegar ao alumnado de 5º de Educación Primaria ao estudo dos números de ata seis cifras e as operacións básicas, titulado "¿Cuánto cuesta una casa?". O obxectivo é que o alumnado integre parte dos bloques do sentido numérico (1), sentido alxébrico e pensamento computacional (4), e socioafectivo (6) tomando como fío condutor as actividades desenvolvidas nunha inmobiliaria.
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado deberá comezar observando os prezos de mercado en "Caramba con los precios!", aprendendo a clasificar datos. Logo, presentase o reto de elaborar un "Mapa de precios" inmobiliario e presentalo, o que require aplicar coñecementos matemáticos.
O proceso desenvólvese explorando os números e o seu valor posicional en "De 1 a 100.000", onde aprenderán a comparar prezos e a redondear. Posteriormente, na etapa "Códigos de 6 cifras", profundarán no traballo con números grandes, practicando a lectura de mercado, o redondeo, a descomposición de prezos e a identificación de números enteiros, incluíndo a multiplicación e a división de números naturais.
Ao longo deste proceso traballaranse conceptos de valor posicional, comparación de números, redondeo e operacións aritméticas, que logo aplicarán para entender o custo da vivenda. Adquiren tamén coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para introducirse no manexo de grandes cantidades numéricas e a resolución de problemas con contexto real.
As metas da aprendizaxe son:
- Manexar números grandes, identificando o seu valor posicional.
- Comprender e aplicar o concepto de prezo por metro cadrado para comparar valores.
- Realizar operacións de división e multiplicación para calcular e clasificar prezos.
- Interpretar e crear mapas, utilizando lendas e símbolos.
- Traballar en equipo e colaborar na resolución dun problema.