Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade/s didáctica/s (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.2 - Comprender problemas da vida cotiá a través da reformulación da pregunta, de forma verbal e gráfica. | Interpretar, de forma verbal ou gráfica, problemas da vida cotiá, comprendendo as preguntas formuladas a través de diferentes estratexias ou ferramentas, incluídas as tecnolóxicas. | TI | 1 | 5 |
| CA1.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. | Seleccionar entre as diferentes estratexias para resolver problemas cos números enteiros, xustificando a súa elección. |
PE (Non incluída no REA) |
1 | 10 |
| CA1.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. | Obter posibles solucións dun problema seguindo algunha estratexia coñecida. | TI | 1 | 5 |
| CA1.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Formular conxecturas matemáticas sinxelas ao investigar patróns, propiedades e relacións, vinculadas coas operacións con números enteiros. |
TI |
1 |
5 |
| CA1.6 - Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente. |
Formular problemas con números enteiros, relacionados coas situacións cotiás, resolvéndose de xeito matemático. |
PE (Non incluída no REA) |
1 |
20 |
| CA1.8 - Utilizar as conexións entre as matemáticas, outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en contextos non matemáticos. |
Interpretar situacións da vida real, en contextos non matemáticos, que se poidan vincular cos números enteiros. |
PE (Non incluída no REA)
|
1 |
5 |
| CA4.3 - Seleccionar entre diferentes estratexias para resolver un problema, xustificando a elección. |
Elixir a estratexia axeitada, coa secuenciación de pasos correctos, para resolver problemas relacionados cos números enteiros. |
PE (Non incluída no REA)
|
1 |
20 |
| CA4.4 - Obter posibles solucións dun problema, seleccionando entre varias estratexias coñecidas de forma autónoma. |
Seguir unha estratexia coñecida para resolver problemas relacionados cos números enteiros. |
PE (Non incluída no REA)
|
1 |
10 |
| CA4.5 - Formular conxecturas matemáticas sinxelas investigando patróns, propiedades e relacións de forma guiada. |
Desenvolver habilidades de pensamento crítico e de investigación, analizando a aplicación de patróns, as solucións das operacións realizadas cos números enteiros. |
TI |
1 |
5 |
| CA4.6 - Modelizar situacións da vida cotiá utilizando, de forma pautada, principios básicos do pensamento computacional. |
Ter a capacidade para resolver problemas matemáticos relacionados cos números enteiros, seguindo os patróns do pensamento computacional: descomposición do problema en outros mais sinxelos, recoñecer patróns, identificar o importante,seguir os pasos en orde e xeneralizar o problema. |
TI |
1 |
5 |
| CA4.9 - Comunicar en diferentes formatos as conxecturas e procesos matemáticos, utilizando linguaxe matemática adecuada. |
Explicar os procesos e as ideas matemáticas, os pasos seguidos na resolución, ou os resultados obtidos nos problemas de con números enteiros, utilizando unha linguaxe matemática sinxela en diferentes formatos, |
TI |
1 |
5 |
| CA6.4 - Colaborar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades individuais asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. |
Participar na repartición de tarefas, asumindo e respectando as responsabilidades asignadas e empregando estratexias cooperativas sinxelas dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. |
TI |
1 |
5 |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||