Temporalización do REA
O REA "¿Cuánto cuesta una casa?" está pensado para 20 sesións a traballar durante o primeiro trimestre.
Engloba os aspecto curriculares da unidade didáctica 1 da programación Proens.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. ¡Caramba con los precios! |
1.1. Clasificando datos |
Motivación e presentación da tarefa. Introdución ao reto e a súa relación coas matemáticas. Primeira reflexión metagognitiva no diario de aprendizaxe. |
1 sesións |
|
2. De 1 a 100.000 |
2.1. Compara precios 2.2. El valor de cada cifra 2.3. ¿Cuánto cuesta una casa? 2.4. Repartiendo apartamentos |
Sesións adicadas a lembrar conceptos xa adquiridos con anterioridade, referidas aos números naturais e as súas operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división). No diario de aprendizaxe realizarán unha reflexión metacognitiva. |
5 sesións |
|
3. Códigos de 6 cifras |
3.1. Leyendo el mercado 3.2. ¿Comparamos? 3.3. El arte del redondeo 3.4. Desglosando el precio 3.5. Juntando dinero 3.6. Enteros en la inmobiliaria 3.7. De las finanzas a la temperatura 3.8. Multiplicando la inversión 3.9. Hora del reparto |
Reflíctense conceptos e actividades para unha mellor comprensión e manexo de números máis grandes que os usados ata o de agora, conectando o avance dentro do plantexado na situación de aprendizaxe proposta. Aparecen tarefas interactivas e non interactivas, niveladas en dificultade crecente, para que o alumnado vaia progresando ao seu ritmo na aprendizaxe. Culmínase cunha reflexión metacognitiva no diario de aprendizaxe. |
9 sesións |
|
4. Mapa de precios |
4.1. Informe final |
Trátarase de que o alumnado sexa quen de manexar os conceptos traballados ao longo do proceso para ubicar, distribuír e seleccionar a mellor opción de vivenda que se adapte ás necesidades en cada caso. Aparece unha nova reflexión metacognitiva a recoller no diario de aprendizaxe. |
3 sesións |
|
5. Presenta tu mapa |
5. Presenta tu mapa |
Adícase esta fase á reflexión sobre o aprendido, tanto de xeito individual como de grupo, valorando o aprendido ao longo do proceso e dando conta das conclusións ao resto da aula. Abórdase a conclusión final incluíndo instrumentos para realizar unha coavaliación da resolución dos retos así como para unha autoreflexión por parte do alumnado. Inclúese a última reflexión metagognitiva final a engadir no diario de aprendizaxe |
2 sesións |