Saltar navegación

3. Guía de uso

Introducindo o REA "Un, dous, tres, RadioPatio na onda"

O REA "Un, dous, tres, RadioPatio na onda" ten como finalidade o desenvolvemento da competencia lingüística en lingua galega empregando as tecnoloxías de información e a comunicación e os medios de comunicación ao alcance do alumnado.

As diferentes fases do REA están pensadas para achegar a información e as estratexias que se van precisar para acadar os retos propostos e están pensadas tendo en conta o DUA para desta maneira chegar á totalidade do alumnado, independentemente das súas características.

Pretende aproveitar os coñecementos e a motivación que o traballo sobre o ámbito vital máis próximo nos pode achegar. Deberemos deixar liberdade ao alumnado para que escollan os elementos que desexan na súa localidade.

Partimos dunha situación que empregue a tecnoloxía non como un fin en si mesmo senón como un apoio e un complemento que en moitos casos será imprescindible e en outros unha opción máis. Buscamos aproveitar os recursos que xa hai nos centros e partimos sempre de equipamento Abalar/edixgal e de ferramentas corporativas como Agueiro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)