Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 6 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Somos persoas instrutoras!"

UD1: "Falamos e coñecémonos!"

UD2: "Investigamos

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.5 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7 20% 32 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "As novas dámolas nós" UD3: "Creamos cousas novas!" CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 - CA3.8 - CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3: "Turismo devagar"

UD4: "Así me sinto"

UD5: "A beleza da lingua"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9- CA4.5 -CA4.6 - CA5.1 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6

22% 30 sesións no segundo trimestre
REA 4: ""Quen é quen?" UD6: "Así son eu" CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 5:  "Un concello para nós" UD7: "Argumentamos e respectámonos" CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "Un, dous, tres, RadioPatio na onda"

UD8: "Somos reporteiras e reporteiros"

UD9: "Os medios de comunicación"

CA2.2 - CA2.4 - CA2.6 - CA2.7 - CA2.8 - CA3.3- CA3.7- CA3.8 - CA3.10 - CA3.11 - CA4.4 - CA6.5 - CA6.5 25% 31 sesións no segundo trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da materia "Lingua Galega e Literatura" de 5º de Primaria:

  • Desenvolvemento da competencia lingüística do alumnado en galego.
  • A necesidade de preparar o alumnado para entender, elaborar e producir calquera tipo de mensaxe, no contexto da profusión os medios de comunicación e das tecnoloxías da información e da 
    de comunicación.
  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Contribuír na consecución dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), concretamente cos números 3, 4, 5, 7, 10, 11, 12 e 16. 
  • Fomentar no alumnado a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática.
  • Recoñecer a diversidade e variedades lingüísticas da contorna, de Galicia e de España, para favorecer actitudes de respecto cara á diversidade étnica e cultural, combater prexuízos e estereotipos lingüísticos.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Lingua Galega e Literatura de 5º de Primaria, contextualízase nas unidades didácticas 8 e 9 "Somos reporteiras e reporteiros" e "Os medios de comunicación". Pola súa situación, despois de traballar o resto de bloques do currículo, pretende tamén que o alumnado integre o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase fundamentalmente nos bloques de contido 2. Comunicación oral, 3. Comunicación escrita, 4. Alfabetización mediática e informacional e 6. Reflexións sobre a lingua e os seus usos, nos que se traballa a expresión e comprensión oral e escrita a través de diferentes formatos que inclúen as tecnoloxías da información e a comunicación. Complétanse os contidos cunha breve reflexión sobre os usos da lingua.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  •  Xéneros discursivos
    • Elementos básicos de contido en textos orais (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información).
  • Procesos: interacción oral
    • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación e interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos.
    • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral, e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
    •  Estratexias de escoita activa e asertiva para a resolución dialogada de conflitos, utilizando unha linguaxe oral non discriminatoria e de discriminación polo uso do galego como lingua de comunicación, con propostas propias e tendo en conta a perspectiva de xénero.
  • Procesos: comprensión oral
    • Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.
    • Estratexias de identificación e interpretación do sentido global, a información relevante e a integración da información explícita de textos sociais orais e multimodais.
    • Utilización dos medios de comunicación social textuais e multimodais como forma de aprendizaxe a través da lingua: prensa, radio, Internet.
  • Procesos: produción oral
    • Construción, comunicación e valoración crítica de coñecemento mediante a produción relativamente autónoma de textos orais e multimodais.
    • Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe verbal non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas

Bloque 2 

  •  Xéneros discursivos
    • Intención comunicativa e claves da tipoloxía textual básica: narración, descrición, diálogo, exposición e argumentación breve.
  • Procesos: comprensión lectora
    • Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión de textos escritos en lingua galega.
    • Valoración da lectura, en lingua galega, como medio para ampliar o vocabulario e consolidar a ortografía correcta.
    • Uso da biblioteca para a lectura dos libros propostos, na procura de información e a súa utilización como fonte de información e lecer.
    • Estratexias para detectar usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica en textos escritos.
  • Procesos: produción escrita
    • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
    • Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos e multimodais de relativa complexidade, con distintos propósitos comunicativos.
    • Elementos gráficos e paratextuais que faciliten a organización e claridade do texto.
    • Valoración da propia produción escrita e da produción escrita dos compañeiros e compañeiras. 
    • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 3

  • Utilización das tecnoloxías da información e da comunicación de modo eficiente e responsable para elaborar e presentar as súas producións, adoptando hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable.

Bloque 4

  • Estratexias de revisión e modificación de textos para mellorar a súa comprensión a través do uso de recursos lingüísticos apropiados.
  • Estratexias elementais para o uso progresivamente autónomo de dicionarios, en distintos soportes.
  • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
  • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronome e artigo) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
  • Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario galego a través dos textos.

Bloque 6

Pero temos que ter claro que o desenvolvemento destes bloques non debe entenderse de maneira illada e o seu tratamento debe ser integral. 

Deste xeito, este recurso trata de modo transversal os seis bloques, centrándose con especial intensidade nos seguintes obxectivos da materia:

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas
OBX4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explí­cita e implí­cita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
OBX5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas
OBX6 Buscar, seleccionar e contrastar información procedente de dúas ou máis fontes, de forma planificada e co debido acompañamento, avaliando a súa fiabilidade e recoñecendo algúns riscos de manipulación e desinformación, para transformala en coñecemento e para comunicala de maneira creativa, adoptando un punto de vista persoal e respectuoso coa propiedade intelectual. 
OBX9  Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.
OBX10 Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática utilizando unha linguaxe non discriminatoria e detectando e rexeitando os abusos de poder a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz senón tamén ético da linguaxe. 

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, 
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3, CD4
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia conciencia e expresións culturais (CCEC)
 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)