Saltar navegación

1. Descrición xeral

Un, dous, tres, RadioPatio na onda

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado para tratar de introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación, principalmente a radio. Partimos dunha situación na que se detecta que hai poucos medios de comunicación en galego que falen dos intereses dos nenos e nenas de quinto de primaria. A partir desa situación propoñemos a realización dun reto que consiste en elaborar un programa de radio que faga un resumo dos principais acontecementos ou celebracións que se desenvolveron no propio centro ao longo do curso escolar. Cómpre lembrar que neste REA se traballan os contidos das últimas unidades do currículo.

Proponse ao longo de todo o proceso unha reflexión sobre o emprego da linguaxe inclusiva baixo unha perspectiva que intente evitar todo tipo de discriminación. Trátase tamén afondar no coñecemento dos novos medios de comunicación fomentando un emprego responsable dos mesmos.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer o funcionamento da radio: tipos de programas, profesións relacionadas coa radio, publicidade…
  2. Ser capaces de redactar correctamente os textos que nos serven de guións.
  3. Participar en debates cos compañeiros e compañeiras para tomar decisións acordadas.
  4. Ler textos con entoación axeitada.
  5. Manexar un programa de gravación de audio como Audacity.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)