Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado polas unidades didácticas 8 e 9 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 31 sesións ao longo do terceiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Que se escoite a nosa voz

(Mobilizar)

1.1 No aire!

1.2 En galego e para nós?

Ao longo desta sesión situaremos o reto no contexto da vida cotiá do alumnado. 1 sesión 

2. Podemos ser xornalistas

(Activar e recordar)

2.1 Como nos informamos?

2.2 Últimas noticias

Nestas dúas sesións conectaremos o reto proposto coas vivencias que o alumnado tén cos medios de comunicación que emprega habitualmente. lembraremos tamén as diferentes partes que debe ter unha noticia.

2 sesións

3. Conecta con RadioPatio

(Explorar, revisar e estructurar)

3.1 Descubrindo os medios de comunicación

Nesta sección procuraremos que o alumnado sitúe a radio no contexto dos medios de comunicación. Abordaremos tamén o problema dos estereotipos de xénero a través da publicidade.

3 Sesións

3.2 Falando enténdese a xente

Nesta sección o alumnado coñecerá a entrevista e o debate como ferramentas útiles para facer un pódcast.

3 sesións

3.3 Escollemos as palabras para o guión

A longo destas tres sesión os achegarémonos ás  peculiaridades dalgunhas categorías gramaticais á hora de incluílas no noso podcast. 

3 sesións

3.4 É moi importante ter un bo guión

Coñecer palabras de difícil pronunciación e valorar as pausas á hora de elaborar un guión dun programa de radio van ser os eixes arredor dos que van xirar as tres sesións que propoñemos para esta sección.

3 sesións

3.5 Creamos palabras para o noso guión

Ampliar o vocabulario para o noso guión mediante a formación de palabras compostas, aumentativos e diminutivos.

2 sesións

4. Imos aló

(Aplicar e comprobar)

4.1 Traballando con Audacity

Adicaremos dúas sesións a coñecer Audacity como ferramenta útil á hora de elaborar un podcast. 

2 Sesión

4.2 Reto_1

Esta vai ser a parte máis longa do REA xa que consiste en facer os guións e gravar os dous podcast que posteriormente nos van servir para facer a montaxe do noso programa de radio.

5 sesións

4.3 Reto_2

Preparar, gravar e editar a entrevista. Nesta sección o alumnado debe seleccionar á persoa entrevistada, elaborar a entrevista e facer a súa montaxe.

3 sesións

4.4 Reto Final

Chegou o momento de reunir todo o material elaborado para darlle forma nun único programa de radio.

2 sesións

5. A feira da Radio

(Concluír e comunicar)

5.1 Como imos facer?

Nesta sección debemos preparar  os espazos para facer a Feira da Radio. Cada grupo debe preparar o "recuncho da súa emisora".

1 sesión

5.2 Avaliámonos

Empregamos a rúbrica para facer unha coavaliación das propostas de todos os grupos.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)